Como anunciamos hai uns días, nos plenos de Zas, Carballo e Coristanco debatiuse as mocións pedindo o posicionamento das corporacións locais en relación á mina.
Onte tiveron lugar nos concellos de Zas e Carballo as mocións sobre o proxecto mineiro de Corcoesto. No concello de Zas a moción foi aprobada cos votos do BNG e a abstención do PP e os independentes. Cabe destacar que o concelleiro do PP manifestouse en contra do cianuro nas tecnoloxías mineiras ademais de que xa non tiña sentido levar a cabo esta moción despois do anuncio da Xunta da cancelación do proxecto.