A veciñanza e os/as visitantes de Laxe foron partícipes das preocupacións xeradas polo proxecto mineiro, tema do documental “Tesouro de Corcoesto” da directora Cora Peña.
Aproveitaremos a proxección para facer a presentación da nova Asociación Medioambiental Contramínate, que nace co mesmo espírito e obxectivos máis amplos que a Asemblea Veciñal que plantou cara ó proxecto de megaminería en Corcoesto.
Solicitamos a máxima difusión do cartaz que podedes descargar desta mesma paxina.
Os realizadores estan a traballar na postprodución do documental Tesouro de Corcoesto, e mentras continuan enchendo de contidos a sua web.
EMILIO MENÉNDEZ, enxeñeiro de minas, CARLOS TAIBO, profesor de Ciencias Políticas da UAM e teórico do decrecemento, e BRÁULIO AMARO, voceiro da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños. O caso de Corcoesto serve de estímulo para unha boa conversa:
O documental en procesamento de Cora Peña: Tesouro de Corcoesto. A directora mostra algunhas imaxes.