Archivo de etiquetas Plataforma Salvemos Cabana

Porcontraminate

Salvamos Cabana! Mineira de Corcoesto perde a derradeira batalla xudicial

A veciñanza bergantiñá, colectivos ecoloxistas e múltiples entidades comprometidas pola salvagarda do territorio recibimos con alegría e alivio esta última nova (que esperamos derradeira) da Mineira de Corcoesto. Todos os nosos esforzos pagaron a pena e a xustiza avala hoxe o que nós tratamos de defender desde 2012.

Moitos puntos quedaron pendentes sen embargo nesta loita que mobilizou a 14 mil persoas o 2 de xuño de 2013, día do Medioambiente, en Compostela, o principal deles é que a mesma Administración que apoiou un proxecto tan perigoso, sigue no poder oito anos máis tarde, ditando leis coas que blindarse en connivencia coa Cámara Mineira.

Aplacada a loita veciñal e colectiva contra este megaproxecto, que en 2013 a Xunta defendiu como proxecto estratéxico (non esquecemos aquel lema da Conselleiría de Industria: Galicia é unha mina), a loita contra a mina de Corcoesto continuou nos tribunais. Así deu comezo en 2016 este procedimento legal, despois de que a Xunta de Galicia, presionada pola contestación social e as evidencias científicas en contra do proxecto, denegara por fin a concesión a empresa Edgewater a través da filial Mineira de Corcoesto.

En 2018, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalou a decisión da Xunta de paralizar a mina de ouro, baseada na falta de solvencia financeira e técnica do proxecto. En marzo de 2019, o Tribunal Supremo respaldou esta decisión (ver “La minera de Corcoesto pierde la principal batalla judicial definitivamente“, GaliciaPress, 15.03.2019).

En octubre de 2015, a Xunta de Galicia emitiu unha resolución declarando a caducidade das concesións mineiras para o proxecto de Corcoesto terminando así coa súa concesión. Edgewater considerou que esta declaración era “ilegal” expoñendo a súa intención de exercer todos os recursos dispoñibles para protexer os dereitos e os intereses dos seus accionistas, incluindo a arbitraxe internacional.

A veciñanza alégrase de ver que, catro anos máis tarde, a vida, o medio físico, o traballo e as persoas que vivimos na contorna xa non estamos ameazados polos intereses de accionistas nin pola cotización da empresa na bolsa de Toronto.

Porcontraminate

«Ouro Impuro: a loita por Corcoesto»«Oro Impuro: una lucha por Corcoesto»

SANTIAGO 102

A Plataforma Salvemos Cabana leva o conflito mineiro de Corcoesto a unha exposición fotográfica de carácter itinerante

Fonte: Xornal de Galicia | Domingo, 17 Noviembre, 2013 – 10:56

A mostra, primeira realizada en Galicia sobre esta temática e baixo o título «Ouro Impuro: A loita por Corcoesto», foi inaugurada o pasado 11 de Novembro na galería central do Forum Metropolitano da Coruña onde estivo aberta ao publico ata o día 30 do mesmo mes.

Dende a cidade herculina, a exposición estará dispoñible en Santiago de Compostela na Biblioteca Pública Anxel Casal do 18 de Decembro ao 10 de Xaneiro de 2014, para logo emprender un percorrido itinerante durante o primeiro semestre do ano por diversas localidades galegas que concluirá en Castilla-León e Cataluña na segunda metade do ano.

A exposición, organizada en dúas montaxes distintas de 24 e 36 imaxes respectivamente en función do espazo expositivo, fai un percorrido en tres fases polos valores naturais de Cabana de Bergantiños e a parroquia de Corcoesto (unha das dez que integran o seu concello), as actividades tradicionais e o reflexo nunha selección de imaxes da loita popular iniciada durante o verán de 2012 para parar o proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater Exploration na Bisbarra de Bergantiños.

A mostra quere servir de recordatorio gráfico de como a mobilización social continuada en defensa do medio ambiente e da saúde das persoas conseguiu o fito histórico en Galicia de parar por primeira vez un perigo potencial a grande escala antes de ocorrer, a diferenza do acontecido coa catástrofe do Prestige ou a devastación provocada polo incendio que consumiu o Monte Pindo en datas recentes.

De feito, existe un consenso declarado a nivel internacional de que ningunha actividade industrial é tan agresiva como a minaría a ceo aberto, debido á interminable lista de impactos que leva consigo sobre aire, auga e chans e a gran perigosidade que leva consigo debido ás substancias reactivas empregadas na recuperación do mineral (546.000 kg anuais de cianuro no caso de Corcoesto).

Ademais, de terse levado a cabo, as balsas de residuos mineiros de Corcoesto terían suposto unha «bomba de reloxaría ambiental» para as xeracións futuras a cambio dun proxecto de escasos anos de duración que ademais poñería en risco os miles de empregos directos e indirectos xa consolidados nos sectores agropecuario, marisqueiro e turístico, que son a base da economía da zona. Tal e como se recolle na exposición, a anulación dos plans de Edgewater en Corcoesto foron un triunfo da sociedade civil e da dignidade colectiva, pero sobre todo un triunfo da razón e o sentido común fronte á irracionalidade dos mercados e quen a defende. En definitiva, unha aposta pola vida.

La Plataforma Salvemos Cabana lleva el conflito minero de Corcoesto a una exposición fotográfica de carácter itinerante

Fuente: Xornal de Galicia | Domingo, 17 Noviembre, 2013 – 10:56

La primera muestra realizada en Galicia sobre esta temática y con el título «Oro Impuro: una lucha por Corcoesto», fue inaugurada el pasado 11 de Noviembre en la galería central del Forum Metropolitano de A Coruña donde estuvo abierta al público hasta el día 30 del mismo mes.

Desde la ciudad herculina, la exposición estará expuesta en Santiago de Compostela en la Biblioteca Pública Anxel Casal desde el 18 de Diciembre al 10 de Enero de 2014, para luego emprender un recorrido itinerante durante el primer semestre del año por diversas localidades gallegas que concluirá en Castilla-León y Cataluña en la segunda mitad del año.

La exposición, organizada en dos montages distintos de 24 y 36 imagenes respectivamente en función del espacioo expositivo, hace un recorrido de tres fases por los valores naturales de Cabana de Bergantiños y la parroquia de Corcoesto (una de las diez que integran su concello), las actividades tradicionales y el reflejo de la lucha popular iniciada durante el verano de 2012 para parar el proyecto minero de la empresa canadiense Edgewater Exploration en la Bisbarra de Bergantiños.

La muestra quiere servir de recordatorio gráfico de como la mobilización social continuada en defensa del medio ambiente y de la salud de las personas conseguió un hecho histórico en Galicia de parar por primera vez un peligro potencial a gran escala antes de ocurrir, a diferenciaa de lo acontecido con la catástrofe del Prestige o la devastación provocada por el incendio que consumió el Monte Pindo el año pasado.

De hecho, existe un consenso declarado a nivel internacional de que ninguna actividad industrial es tan agresiva como la minería a cielo abierto, debido a la interminable lista de impactos que lleva consigo sobre aire, auga y suelo y el gran perigro que supone debido a las substancias reactivas empleadas en la recuperación del mineral (546.000 kg anuales de cianuro en el caso de Corcoesto).

Además, de llevarse adelante el proyecto, las balsas de residuos mineros de Corcoesto serían una «bomba de relojería ambiental» para las generaciones futuras a cambio de un proyecto de pocos años de duración que además pondría en riesgo los miles de empleos directos e indirectos ya consolidados en los sectores agropecuario, marisquero y turístico, que son la base de la economía de la zona. Tal y como se recoge en la exposición, la anulación de los planes de Edgewater en Corcoesto fueron un triunfo de la sociedad civil y de dignidad colectiva, pero sobre todo un triunfo de la razón y el sentido común frente a la irracionalidad de los mercados y de quienes los defienden. En definitiva, una apuesta por la vida.

other languages »