Archivo de etiquetas Noticias

Porcontraminate

Salvamos Cabana! Mineira de Corcoesto perde a derradeira batalla xudicial

A veciñanza bergantiñá, colectivos ecoloxistas e múltiples entidades comprometidas pola salvagarda do territorio recibimos con alegría e alivio esta última nova (que esperamos derradeira) da Mineira de Corcoesto. Todos os nosos esforzos pagaron a pena e a xustiza avala hoxe o que nós tratamos de defender desde 2012.

Moitos puntos quedaron pendentes sen embargo nesta loita que mobilizou a 14 mil persoas o 2 de xuño de 2013, día do Medioambiente, en Compostela, o principal deles é que a mesma Administración que apoiou un proxecto tan perigoso, sigue no poder oito anos máis tarde, ditando leis coas que blindarse en connivencia coa Cámara Mineira.

Aplacada a loita veciñal e colectiva contra este megaproxecto, que en 2013 a Xunta defendiu como proxecto estratéxico (non esquecemos aquel lema da Conselleiría de Industria: Galicia é unha mina), a loita contra a mina de Corcoesto continuou nos tribunais. Así deu comezo en 2016 este procedimento legal, despois de que a Xunta de Galicia, presionada pola contestación social e as evidencias científicas en contra do proxecto, denegara por fin a concesión a empresa Edgewater a través da filial Mineira de Corcoesto.

En 2018, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalou a decisión da Xunta de paralizar a mina de ouro, baseada na falta de solvencia financeira e técnica do proxecto. En marzo de 2019, o Tribunal Supremo respaldou esta decisión (ver “La minera de Corcoesto pierde la principal batalla judicial definitivamente“, GaliciaPress, 15.03.2019).

En octubre de 2015, a Xunta de Galicia emitiu unha resolución declarando a caducidade das concesións mineiras para o proxecto de Corcoesto terminando así coa súa concesión. Edgewater considerou que esta declaración era “ilegal” expoñendo a súa intención de exercer todos os recursos dispoñibles para protexer os dereitos e os intereses dos seus accionistas, incluindo a arbitraxe internacional.

A veciñanza alégrase de ver que, catro anos máis tarde, a vida, o medio físico, o traballo e as persoas que vivimos na contorna xa non estamos ameazados polos intereses de accionistas nin pola cotización da empresa na bolsa de Toronto.

Porcontraminate

Por unha acuicultura de calidade, cita en Compostela

O vindeiro sábado, 27 de febreiro, estaremos na manifestación convocada ás 11h30, na Alameda de Santiago de Compostela, para rexeitar o anteproxecto da Lei de Acuicultura de Galicia.

A futura lei, segundo se desprende do propio texto, representa un ataque directo ao tecido social do rural costeiro galego. Aquí resumimos os principais motivos:

Ler máis

Porcontraminate

Freado o plan de explotacións a ceo aberto en Laciana (O Bierzo, León)Frenado el plan de explotaciones a cielo abierto en Laciana (El Bierzo, León)

La-imagen-del-Feixolín-una-mina-a-cielo-abierto-explotada-más-de-una-década-sin-permisos-legales-es-el-icono-de-la-corrupción-imperante-en-la-España-de-la-primera-decada-del-siglo-XXI.-Laciana-2009.Según informa o Diario de León a 14 de febreiro de 2014: A Junta de Castilla y León retira definitivamente o plan de ceos abertos para Babia e Laciana.
O plan mencionado programaba a apertura de varios ceos abertos: a Mora, Ladrones, ampliazón de Feixolín, Rodeviejas, Chabiadas, Muxivén y Buixonte eran as posibles cortas que, de ser explotadas, deixarían no satélite a imaxe dunha franxa morta no mapa.
Ademáis, como figuraba no mesmo Diario o 23 de Enero de 2014 a Xunta tendrá que facer fronte ao gasto de 2,1 milloóns de euros para restaurar un ceo aberto que abandonou o empresario minero Victorino Alonso. Un exemplo máis da pésima xestión dos cartos dos contribuintes e da impunidade absoluta dos que toman cartas no asunto dándose o relevo de catro en catro anos.

O legado do ceo aberto
Non obstante, a destrucción derivada do exercicio da actividade mineira durante estes anos xa deixou tras de sí augas contaminadas, balsas de lixos en medio dos bosques, montañas desaparecidas, pobos sen vida, xentes enfrontadas...enfrentadas e desinfladas, como un globo insostible que leva 20 anos tratando de aguantar hinchado con respiración asistida.
Vimos afeccións na Red Natura 2000, en áreas de protección estratégicas de oso pardo e urogallo cantábrico...
Neste tempo analizáronse os informes de impacto ambiental, presentáronse alegacións, recursos...formas de acotar no papel os límites da destrucción regulada e ordeada por empresarios e institucións nas súas ansias de planificar o permanente medrar da economía...¿Crecemento para quén?
No seu momento a xente uniuse en contra dos ceos abertos porque observaron neles unha ameaza, en tódolos sentidos. Vitorino Alonso, actualmente sinalado públicamente como mafioso e extorsionador, mais ata fai pouco encuberto polas "autoridades" e acolchado entre subvencións, soubo convertir os plans de reconversión do val de Laciana en alimento para engordar os seus petos.
Pouco entendemos de alianzas estratéxicas: ¿qué fai o empresario acollido polas masas nas marchas mineiras a Madrid? Algo cheiraba a chamusquina...¿Subvencións para o empresario? ¿Qué sacan os sindicatos maioritarios de todo esto?
Os traballadores estiveron máis de medio ano sen cobrar. Estaban anoxados, e o anoxo vai deixando paso á desesperazón. No proceso saen é luz as tramas como o caso do "carbón desaparecido". 
Hunosa está que trina...como sempre, o diñeiro dos poderosos conxura o silencio do innombrable.
O contexto da fin das subvencións ao carbón e a liquidación de CMC propicia que se cancelen os plans de festa do empresario. Pouco lle importa a Europa que os fondos mineiros non foran a donde teñen que ir: o plazo está pechado, e a xente empobrecida e encadeada a un monocultivo que esgotou o seu valor.

¿E agora qué?

http://www.diariodeleon.es/noticias/provincia/junta-tendra-gastar-2-1-millones-restaurar-cielo-abierto-abandono-victorino-alonso_861408.html
http://www.diariodeleon.es/noticias/provincia/junta-retira-definitivamente-plan-cielos-abiertos-babia-laciana_867212.html
http://www.soslaciana.org/

Según informa el Diario de León a 14 de febrero de 2014: La Junta (de CyL) retira definitivamente el plan de cielos abiertos para Babia y Laciana.
La Junta de Castilla y León ha retirado definitivamente el Plan de Explotaciones a Cielo Abierto de Babia y Laciana, que había presentado en 2008 y que sufrió un varapalo judicial el noviembre de 2011 por parte del Tribunal Europeo de Justicia. El proyecto beneficiaba sobre todo los intereses de Coto Minero Cantábrico (CMC, del Grupo Alonso), que cuenta con la mayor parte de las concesiones en la zona; y también contaba con una explotación solicitada por Hijos de Baldomero García, del Grupo Viloria
El plan mencionado programaba la apertura de varios cielos abiertos: la Mora, Ladrones, ampliación de Feixolín, Rodeviejas, Chabiadas, Muxivén y Buixonte eran las posibles cortas que, de ser explotadas, hubieran dejado en el satélite la imagen de una franja muerta en el mapa. Y eso hubiera sido sólo una imagen...pero lo tangible del destrozo no lo intuye un mapa.
Además, como figuraba en el mismo Diario el 23 de Enero de 2014 la Junta tendrá que hacer frente al gasto de 2,1 millones de euros para restaurar un cielo abierto que abandonó el empresario minero Victorino Alonso. Un ejemplo más de la pésima gestión del dinero de los contribuyentes y de la impunidad absoluta de quienes toman cartas en el asunto dándose el relevo de cuatro en cuatro años.

El legado del cielo abierto
No obstante, la destrucción derivada del ejercicio de la actividad minera durante estos años ya ha dejado tras de sí aguas contaminadas, escombreras en medio de los bosques, montañas desaparecidas, pueblos sin vida, gentes enfrentadas...enfrentadas y desinfladas, como un globo insostenible que lleva 20 años tratando de aguantar hinchado con respiración asistida.
Hemos visto afecciones en la Red Natura 2000, en áreas de protección estratégicas de oso pardo y urogallo cantábrico...
En este tiempo se han analizado informes de impacto ambiental, se han presentado alegaciones, recursos...formas de acotar en el papel los límites de la destrucción regulada y ordenada por empresarios e instituciones en sus ansias de planificar el crecimiento económico permanente...¿Crecimiento para quién?
En su momento la gente se unió en contra de los cielos abiertos porque vieron en ellos una amenaza, en todos los sentidos. Vitorino Alonso, actualmente señalado públicamente como mafioso y extorsionador, pero hasta hace poco encubierto por las "autoridades" y acolchado entre subvenciones, supo convertir los planes de reconversión del valle de Laciana en alimento para engordar sus bolsillos.
Poco entendemos de alianzas estratégicas: ¿qué hace el empresario acogido por las masas en las marchas mineras a Madrid? Algo olía a chamusquina...¿Subvenciones para el empresario? ¿Qué sacan los sindicatos mayoritarios de todo esto?
Los trabajadores estuvieron más de medio año sin cobrar. Estaban enfadados, y el enfado va dejando paso a la desesperación. En el proceso salen a la luz las tramas como el caso del "carbón desaparecido".
El contexto del fin de las subvenciones al carbón y la liquidación de CMC propicia que se cancelen los planes de fiesta del empresario. Poco le importa a Europa que los fondos mineros no hayan ido a donde tienen que ir: el plazo está cerrado, y la gente empobrecida y encadenada a un monocultivo que ha agotado su valor.

¿Y ahora qué?


http://www.diariodeleon.es/noticias/provincia/junta-tendra-gastar-2-1-millones-restaurar-cielo-abierto-abandono-victorino-alonso_861408.html
http://www.diariodeleon.es/noticias/provincia/junta-retira-definitivamente-plan-cielos-abiertos-babia-laciana_867212.html
http://www.soslaciana.org/

Porcontraminate

Nota de prensa relativa á moción contra a mina de Ouro de Corcoesto

O Concello de Coristanco, gobernado polo Partido Popular, aproba por unanimidade unha moción contra a mina de ouro de Corcoesto.

  • A presión veciñal obriga ao alcalde do PP Pensado Plágaro, a aprobar por vía de urxencia unha moción contra a mina de Corcoesto.
  • Con Coristanco, son cinco os concellos de Bergantiños que rexeitan o proxecto mineiro.

Se o luns eran os concellos de Carballo e Zas os que aprobaron sendas mocións contra a mina de ouro de Corcoesto e o emprego do cianuro na minaría, este mércores foi o pleno do Concello de Coristanco o que aprobou outra moción contra a mina, presentada por vía de urxencia polo alcalde Popular de Coristanco ante a presión da veciñanza.

Ler máis

Porcontraminate

Cinco concellos posicionanse contra o proxecto mineiro en Corcoesto

PLENO CORISTANCO 067

Como anunciamos hai uns días, nos plenos de Zas, Carballo e Coristanco debatiuse as mocións pedindo o posicionamento das corporacións locais en relación á mina.

Ler máis

other languages »