A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños vén de ter coñecemento de que con data 11 de marzo de 2014 Ángel Bernardo Tahoces, director xeral de enerxía e minas ditou resolución de denegación definitiva do proxecto de mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto que afectaba aos Concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso.
O Concello de Coristanco, gobernado polo Partido Popular, aproba por unanimidade unha moción contra a mina de ouro de Corcoesto.
Se o luns eran os concellos de Carballo e Zas os que aprobaron sendas mocións contra a mina de ouro de Corcoesto e o emprego do cianuro na minaría, este mércores foi o pleno do Concello de Coristanco o que aprobou outra moción contra a mina, presentada por vía de urxencia polo alcalde Popular de Coristanco ante a presión da veciñanza.
Como anunciamos hai uns días, nos plenos de Zas, Carballo e Coristanco debatiuse as mocións pedindo o posicionamento das corporacións locais en relación á mina.