Archivo de etiquetas Corcoesto

Porcontraminate

Salvamos Cabana! Mineira de Corcoesto perde a derradeira batalla xudicial

A veciñanza bergantiñá, colectivos ecoloxistas e múltiples entidades comprometidas pola salvagarda do territorio recibimos con alegría e alivio esta última nova (que esperamos derradeira) da Mineira de Corcoesto. Todos os nosos esforzos pagaron a pena e a xustiza avala hoxe o que nós tratamos de defender desde 2012.

Moitos puntos quedaron pendentes sen embargo nesta loita que mobilizou a 14 mil persoas o 2 de xuño de 2013, día do Medioambiente, en Compostela, o principal deles é que a mesma Administración que apoiou un proxecto tan perigoso, sigue no poder oito anos máis tarde, ditando leis coas que blindarse en connivencia coa Cámara Mineira.

Aplacada a loita veciñal e colectiva contra este megaproxecto, que en 2013 a Xunta defendiu como proxecto estratéxico (non esquecemos aquel lema da Conselleiría de Industria: Galicia é unha mina), a loita contra a mina de Corcoesto continuou nos tribunais. Así deu comezo en 2016 este procedimento legal, despois de que a Xunta de Galicia, presionada pola contestación social e as evidencias científicas en contra do proxecto, denegara por fin a concesión a empresa Edgewater a través da filial Mineira de Corcoesto.

En 2018, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalou a decisión da Xunta de paralizar a mina de ouro, baseada na falta de solvencia financeira e técnica do proxecto. En marzo de 2019, o Tribunal Supremo respaldou esta decisión (ver “La minera de Corcoesto pierde la principal batalla judicial definitivamente“, GaliciaPress, 15.03.2019).

En octubre de 2015, a Xunta de Galicia emitiu unha resolución declarando a caducidade das concesións mineiras para o proxecto de Corcoesto terminando así coa súa concesión. Edgewater considerou que esta declaración era “ilegal” expoñendo a súa intención de exercer todos os recursos dispoñibles para protexer os dereitos e os intereses dos seus accionistas, incluindo a arbitraxe internacional.

A veciñanza alégrase de ver que, catro anos máis tarde, a vida, o medio físico, o traballo e as persoas que vivimos na contorna xa non estamos ameazados polos intereses de accionistas nin pola cotización da empresa na bolsa de Toronto.

Porcontraminate

Proxección do documental «Tesouro de Corcoesto»

cartaz tesouro

A veciñanza e os/as visitantes de Laxe foron partícipes das preocupacións xeradas polo proxecto mineiro, tema do documental “Tesouro de Corcoesto” da directora Cora Peña.

Aproveitaremos a proxección para facer a presentación da nova Asociación Medioambiental Contramínate, que nace co mesmo espírito e obxectivos máis amplos que a Asemblea Veciñal que plantou cara ó proxecto de megaminería en Corcoesto.

Solicitamos a máxima difusión do cartaz que podedes descargar desta mesma paxina.

Porcontraminate

A mina de Corcoesto volve ao Pleno de Carballo

CONCELLO CARBALLO CADUCIDADE D.M 050Pois alí estivemos no día de onte, no Pleno do concello de Carballo xunto cos compañeiros da Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños onde o BNG presentou unha moción sobre a caducidade dos dereitos mineiros do proxecto aurífero de Corcoesto. No texto, acórdase solicitarlle á Xunta de Galicia mediante o escrito formulado pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños a incoación urxente do procedemento de caducidade dos dereitos mineiros relacionados co proxecto de Corcoesto. Ler máis

Porcontraminate

A empresa mineira canadense Edgewater perde os dereitos mineiros de Corcoesto.

A lei de acompañamento aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a caducidade dos dereitos mineiros cando se denegue a autorización de explotación.

12107756_438377653024805_9033869319130294053_n


A publicación o pasado día 30 de decembro no Diario Oficial de Galicia da lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, supón un novo e duro golpe para as pretensións da empresa canadense Edgewater e a súa filial, Mineira de Corcoesto, sobre a explotación da mina de ouro no Concello de Cabana de Bergantiños.

Ler máis

Porcontraminate

Nota de prensa pola denegación do proxecto mineiro de Corcoesto

A Consellería de Economía e Industria dita resolución de denegación definitiva do proxecto mineiro de Corcoesto.

  • A resolución asinada polo director xeral de enerxía e minas tumba definitivamente o proxecto mineiro promovido por Edgewater.

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños vén de ter coñecemento de que con data 11 de marzo de 2014 Ángel Bernardo Tahoces, director xeral de enerxía e minas ditou resolución de denegación definitiva do proxecto de mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto que afectaba aos Concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso.

Ler máis

other languages »