Archivo de etiquetas Contramínate

Porcontraminate

Salvamos Cabana! Mineira de Corcoesto perde a derradeira batalla xudicial

A veciñanza bergantiñá, colectivos ecoloxistas e múltiples entidades comprometidas pola salvagarda do territorio recibimos con alegría e alivio esta última nova (que esperamos derradeira) da Mineira de Corcoesto. Todos os nosos esforzos pagaron a pena e a xustiza avala hoxe o que nós tratamos de defender desde 2012.

Moitos puntos quedaron pendentes sen embargo nesta loita que mobilizou a 14 mil persoas o 2 de xuño de 2013, día do Medioambiente, en Compostela, o principal deles é que a mesma Administración que apoiou un proxecto tan perigoso, sigue no poder oito anos máis tarde, ditando leis coas que blindarse en connivencia coa Cámara Mineira.

Aplacada a loita veciñal e colectiva contra este megaproxecto, que en 2013 a Xunta defendiu como proxecto estratéxico (non esquecemos aquel lema da Conselleiría de Industria: Galicia é unha mina), a loita contra a mina de Corcoesto continuou nos tribunais. Así deu comezo en 2016 este procedimento legal, despois de que a Xunta de Galicia, presionada pola contestación social e as evidencias científicas en contra do proxecto, denegara por fin a concesión a empresa Edgewater a través da filial Mineira de Corcoesto.

En 2018, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalou a decisión da Xunta de paralizar a mina de ouro, baseada na falta de solvencia financeira e técnica do proxecto. En marzo de 2019, o Tribunal Supremo respaldou esta decisión (ver “La minera de Corcoesto pierde la principal batalla judicial definitivamente“, GaliciaPress, 15.03.2019).

En octubre de 2015, a Xunta de Galicia emitiu unha resolución declarando a caducidade das concesións mineiras para o proxecto de Corcoesto terminando así coa súa concesión. Edgewater considerou que esta declaración era “ilegal” expoñendo a súa intención de exercer todos os recursos dispoñibles para protexer os dereitos e os intereses dos seus accionistas, incluindo a arbitraxe internacional.

A veciñanza alégrase de ver que, catro anos máis tarde, a vida, o medio físico, o traballo e as persoas que vivimos na contorna xa non estamos ameazados polos intereses de accionistas nin pola cotización da empresa na bolsa de Toronto.

Porcontraminate

O TTIP, un troiano na Unión Europea?

Charla informativa en Laxe

O sábado, 21 de maio, Contramínate organiza unha charla-coloquio acerca do TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións) que se está a negociar entre a Unión Europea e os EEUU.
Gonzalo Rodríguez, profesor do Dpto de Economía Aplicada da USC e membro de ATTAC, aclarará os puntos principais polos que debemos estar alertas.
Esperámosvos no salón de actos do Concello de Laxe ás 18h.
Prégase difusión.
Charla Coloquio_TTIP_Contraminate_ cartel A4-01
Porcontraminate

Por unha acuicultura de calidade, cita en Compostela

O vindeiro sábado, 27 de febreiro, estaremos na manifestación convocada ás 11h30, na Alameda de Santiago de Compostela, para rexeitar o anteproxecto da Lei de Acuicultura de Galicia.

A futura lei, segundo se desprende do propio texto, representa un ataque directo ao tecido social do rural costeiro galego. Aquí resumimos os principais motivos:

Ler máis

Porcontraminate

A Xunta aproba un estudo mineiro de 156 cuadrículas mineiras en Zas, Santa Comba, Coristanco e Vimianzo.

cuadrículas

Outro proxecto de investigación mineira á procura de ouro, prata e metais afíns (recursos da sección C), ameaza unha vez máis a nosa bisbarra.

O pasado venres 15 de xaneiro, a Consellería de Economía, Emprego e Industria publicaba no DOG aprobaba a solicitude presentada o 20 de xuño de 2011 pola sociedade Grupo M-FM, S.L., dando o  permiso de investigación mineira de 156 cuadrículas mineiras situadas nos municipios de Zas, Santa Comba, Coristanco e Vimianzo. Ler máis

Porcontraminate

Proxección do documental «Tesouro de Corcoesto»

cartaz tesouro

A veciñanza e os/as visitantes de Laxe foron partícipes das preocupacións xeradas polo proxecto mineiro, tema do documental “Tesouro de Corcoesto” da directora Cora Peña.

Aproveitaremos a proxección para facer a presentación da nova Asociación Medioambiental Contramínate, que nace co mesmo espírito e obxectivos máis amplos que a Asemblea Veciñal que plantou cara ó proxecto de megaminería en Corcoesto.

Solicitamos a máxima difusión do cartaz que podedes descargar desta mesma paxina.

other languages »