Archivo de categoría CONTRAMÍNATE

Porcontraminate

Leccións sobre mobilización popular: Ada Colau fala en Compostela

100_9403

Image 1 De 5

Contramínate estivo en Santiago o venres, 8 de novembro, nas Xornadas sobre os Movementos Sociais que se celebraron na Facultade de Xeografía e Historia de Compostela.

 Nesta primeira tarde, escoitando falar a Ada Colau, Esther Vivas e Tone Gómez-Reino, comprobamos que o espolio que pretende o proxecto de Corcoesto non é máis que outra  carta na póker de conflitos cidadáns activos hoxe en Galiza.

 Ada Colau, activista da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), falounos por videoconferencia da súa experiencia como activista. Según ela, os éxitos desta plataforma débense a estas tres facetas: 1) ter perseguido una causa concreta, 2) existir un compromiso de loita e 3) persevar pola constancia nas accións. Insitiu en que a cidadanía pode chegar a sentirse unida e con forza (é capaz de empoderarse) fronte ás situacións inxustas para lograr o obxectivo común. Por contra, advertiu que os poderes fácticos castigan estas iniciativas, estando dispostos a deslexitimar a toda persoa ou  colectivo que defenda os seus dereitos e as súas xustas reivindicacións fronte ao dictado da autoridad. Por esta razón, hai que enfocar as actuacións a longo prazo, coidando os momentos e os tempos para a acción, así como o equilibrio entre esta e as ideas. Según a portavoz da PAH, hai que inventar novas formas de protesta, a desobediencia pacífica por exemplo, permite facer visible un conflito no que é obrigado tomar posición nun momento de urxencia social. Agora, cando o novo non termina de nacer e o vello non da desaparecido, non hai lugar para as medias tintas.

 Esther Vivas, activista e investigadora en Movementos Sociais e Políticas Agrícolas  Alimentarias,  incidiu sobre os impactos da crise, sinalando como os gobernos arremeten non só contra os dereitos fundamentais (sanidade, educación, vivenda, traballo e aforros) senón tamén contra as liberdades individuais e sexuais, así como o coidado e a conservación do territorio. En concreto, a mercantilización da terra, dos alimentos e dos recursos naturais se ten convertido nunha constante no proceso de globalización capitalista ao que temos chegado. O territorio e o medio ambiente non escapan á privatización do sistema actual, e así o monte, a auga e a terra, que pertencen  aos pobos, acaban converténdose nunha mercancía ao servicio do capital e das grandes multinacionais. Pero, suliñou, os  poderosos sempre terán medo de enfrontarse á desobediencia civil organizada.

Toné Gómez-Reino, membro de Habitat Social Cooperativa, falou por último do panorama presente e da capacidade de mobilización do pobo galego en situacións concretas, e extremas, lembrándonos a forza de movementos como o de«NUNCA MAIS»,coas súas manifestacións multitudinarias, a presión exercida aos gobernos impasibles e a necesidade de manter a independencia entre os movementos cidadáns e os partidos políticos.

Curiosamente, foi a propia Xunta unha das entidades que financiaba, xunto con Cooperación Galega este encontro de movementos sociais, cousa que non deixa de constituír unha contradicción en se mesma, xa que absolutamente todos os movementos sociais comezan alí onde a Administración está errando ou non presta o debido servicio. E a maioría deles, como o da PAH, contempla a desobediencia civil, entre os seus procedementos. Que a Xunta estivese pagando para reunirnos alí resulta unha forma de querer asimilarnos, controlarnos. Cando se ofrecen subvencións, o movemento crítico, apartidista, social, morre ao ser institucionalizado e o proceso de empoderamento da poboación queda anulado, ao perder a súa independencia.

Temos moito que aprender das poñentes e facer asímesmo unha reflexión sobre os nosos obxectivos a medio e longo prazo, e aquí abrimos un debate acerca do alcance que temos proxectado ás nosas accións e a posibilidade aberta para propór aos nosos “para-políticos” e “representantes”, xa que a eles non se lle ocorre nin parecer contemplalas, iniciativas socio-económicas alternativas á minería na comarca.

Hai quen non ve procedente tratar de resolver a situación económica de Bergantiños mediante iniciativas de cooperativismo se antes non cambia a posición da xente con respecto a súa propia vida e dentro da sociedade, porque se non sae desa postura acomodaticia de que sexa o Estado, ou a Mineira de Corcoesto, quen veña a solucionarlles a existencia, non nos van apoiar. Apostamos por un traballo sobre a conciencia e visión das cousas das persoas, por exemplo, que aínda non se mobilizaron ou están á favor da mina: insiste en que hai que botar abaixo ese “capitalismo” asentado na nosa cabeza e cambiar os valores. Pero o discurso a secas non cambiará o pensamento da xente, senón máis ben a práctica e aposta por pequenas accións que fagan medrar alternativas e sirvan de exemplo.

Que pasaría se mañá se aproba o proxecto e aparecen as primeiras máquinas?

Que pasaría se mañá ou en tres meses toda esta oposición á mina se volve ilegal?

Contramínate teme que nos espera vaia a convertirse no máis perigoso. Baste recordar toda a bibliografía, empezando polo exemplo de Salave en Asturias e seguindo con Willian Sacher e o seu Canadá Negro, xunto cos documentais sobre loitas semellantes en América Latina, o a noticia recente do asesinato dun líder campesino en loita contra multinacionais mineiras en Colombia, para chamarvos de novo a mobilización, mediante a estratexia e a reflexión: son as nosas principais bazas, para anticiparnos ao que veña.

Porcontraminate

Reflexións sobre os acontecementos pasadosReflexiones sobre los últimos acontecimientos

980807_466747883404302_1358828265_oSobre a resposta do Valedor do Poblo

A DIA presentada pola empresa Edgwater, segundo publica na páxina da SGHN Serafín González, tras a súa lectura da carta que lle fixo chegar o Valedor do Pobo, quedaría invalidada polo rexeitamento definitivo por parte da Xunta ao proxecto da Mineira de Corcoesto. Pese a todo, desde Contramínate seguimos á espera de que apareza publicado de forma oficial no DOGA, algo que especialistas en leis medioambientais como Alba Nogueira advirten de que non ten por que ocorrer.

Segundo ADEGA, a DIA ten unha vixencia de cinco anos, unha vez que foi aprobada. Parece que a empresa pretende esgotar a vía administrativa polos dereitos mineiros. A Xunta aceptou a trámite o proxecto cando a concesión de Emilita (cuadrícula mineira) xa estaba caducada. Por unha banda en Coruña pensaban que o dereito mineiro tiña vixencia ata 2024, por outra en Compostela sabían da súa caducidade.

De aí que Edgewater reclame agora 20 milllóns en concepto de indemnización, que no caso de gañar o recurso, pagaremos con fondos públicos. De feito, temos a impresión de que todo isto se trata máis ben dunha indemnización encuberta dos cartos que empregou a empresa para untar aos políticos que apoiaron o proxecto. Por outra banda, existe o temor de que en breve veña unha nova empresa máis grande e con maior capital financeiro disposta a reabrir o proxecto. De feito, esta adoita ser a estratexia neste tipo de explotacións que levantan tanta polémica entre as poboacións afectadas.

Hai demasiados casos por desgracia para exemplificar esta conducta das grandes corporacións mineiras, especialmente en América Central e Sur.

Pleno Celebrado en Carballo

O Pleno do luns 28 de outubro foi unha victoria histórica da veciñanza de Bergantiños. A demanda da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, acompañada dun nutrido grupo de acompañantes, para que o concello defenda a comarca destes proxectos extractivos tan contaminantes e agresivos co medio e coa forma de vida da xente, supuxo un exemplo de unión e dignidade, que agardamos dea os seus froitos na vindeira reunión das forzas políticas da capital bergantiñá, aprobando esta moción.

Temos que sinalar que a resposta de certos grupos políticos non estivo en absoluto á altura do que esperabamos deles: enconcreto, os representantes do PP atrevéronse a afirmar que no fondo toda a nosa mobilización loita polos intereses políticos do BNG (acusándonos por tanto de marionetas) e por outra banda, aínda hai forzas políticas que non teñen vergoña en recoñecer que non están o suficientemente informados sobre o tema. Ambas conductas, a dos que unicamente ven unha loita de votos, e a dos desinformados, merecen a nosa completa reprobación: porque, para quen gobernan? Que intereses defenden, os seus ou os nosos? É lícito que os representantes do pobo non saiban aínda o que está en xogo no caso de dar luz verde á mina de Corcoesto?

Sobre as concesións mineisas que afectan a Laxe

Reunímonos co noso alcalde, Antón Carracedo, para tratar de elucidar que solicitudes de concesións mineiras afectan a Laxe, en concreto a de Don Sebastián. O alcalde comunicouse ao longo desta semana coa Consellería de Industria e parece ser que esas concesións son antigas (aínda que algunha data de 2011), e que en principio non representan ningunha ameaza, sendo de caolín e de pedra. De todos xeitos, o catastro mineiro non está para nada en orde: en lugar de datas de explotación poñen os nomes do minerala extraer e na meirande parte dos casos conténtanse cun Sector C, que abrangue desde o ouro ata as terras raras.

Este asunto das concesións mineiras e o do Plan Sectorial de Actividades Extractivas redactado pola Cámara Mineira que pretende aprobarse en Galicia representa o noso próximo cabalo de batalla. Non pode aceptarse primeiro que sexa a propia Cámara Mineira quen decida as regras dun xogo que lle convén especialmente, e segundo o postulado que pretenden establecer nel: que a actividade mineira prevaleza sobre todas as demais.

Finalmente queremos dar as grazas a todas as persoas que fixestes posible que o proxecto de mina de ouro estea denegado e o que é máis importante, que gran parte da sociedade, coñecedora dos seus ricos, rexeitara abertamente. Con independencia do que ocorra nos próximos meses, ter chegado ata aquí xa é unha proba máis de que unidos, podemos cambiar as cousas e salvagardar os nosos recursos, que son de todos.

Queremos traballo e prosperidade para a nosa comarca, e non o seu espolio e destrucción. Esta é unha victoria tan grande que aínda non nola acabamos de crer! En calquera caso, é un triunfo compartido grazas á mobilización de toda a sociedade. Grazas de novo!

Contramínate vai seguir co seu labor informativo. Aínda existen ameazas en todo o territorio e querémolas parar! Infórmate e móvete!

other languages »