Archivo mensual diciembre 2013

contraminate Porcontraminate

Das maiorías absolutas e do absolutismo de escaño De las mayorías absolutas y del absolutismo de escaños

Crónica dunha visita ao Parlamento Galego

–         Onde vas?

–         Ao Congreso… Perdón, ao Parlamento.

–         Es xornalista ou algo así?

–         Algo así. Estou convidada. Podo pasar?

–         Adiante -responde o axente cun sorriso de dóberman superamable e compracido ante o meu pasmo.

Xa o sabedes, o PP galego non vai ser pioneiro na prohibición do emprego do cianuro na minaría, nin vai retirar o Plan Sectorial elaborado pola Cámara Mineira, segundo se desprende da postura defendida polo seu portavoz, Núñez Centeno, no Parlamento o pasado martes, 26 de novembro.

Nin o conselleiro de Industria nin o de medio ambiente estaban presentes na sala durante a exposición e defensa da moción por parte de Ana Pontón, portavoz do BNG, que quixo facerse eco das peticións presentou en nome de tódalas plataformas veciñais e ecoloxistas que están contra a megaminaría e en concreto contra a mina de ouro de Corcoesto.

Esa mesma mañá atopeime a rúa do Hórreo cortada á altura do Parlamento, o acceso a este recinto permanecía blindado por unha quincena de furgonetas da policía e ata unha cincuentena de axentes atrincherados tras vallas defensivas. En defensa de que?

 APADRIÑA UNHA MINA DE OURO

O PP insiste en que o proxecto de Edgewater está definitivamente paralizado. Entón por que non marcha Edgewater de Cabana de Bergantiños? Están preparando o camiño para outra empresa? Tal vez, o PP galego pensa que unha mina de ouro sería como a fada galiña do futuro de Bergantiños. Con ela todo estaría apañado.

Sen embargo, ao longo da semana anterior viamos como dous concellos máis, Zas e Coristanco, aparte dos de Laxe, Vimianzo e Carballo, se oponían aos proxectos mineiros que usen o cianuro, comprometéndose a facer prevalecer a actividade agrograndeira, turística e pesqueira que sustenta a comarca.

O PP galego non acepta que se aplique o principio de precaución nun proxecto de tanto risco como o da mina a ceo aberto de Corcoesto. Os nosos gobernantes non atenderon a esta proposta popular, nin aos dictámenes de Medio Ambiente, nin da Consellería de Saúde, nin de Augas de Galicia, nin máis de 200 persoas do ámbito universitario e científico de Galicia, nin a directrices da Unión Europea.

O PP de Galicia vive enrocado, blindado, separado do mundo rural no seu castelo, o Parlamento erizado de vallas e custodiado por policías. Non quixo saber nada desta loita contra un modelo esgotado, neocolonial, nin vai defender os intereses da poboación galega fronte aos intereses de empresas estranxeiras. Realmente, actúa cada vez máis como se eles fosen esas empresas foráneas. Núñez Centeno debería aprender do seu paisano e compañeiro de partido, o alcalde de Coristanco, quen se comprometeu contra o uso do cianuro na minaría na comarca de Bergantiños. Hai razóns que están por riba das siglas dun partido.

TRAXICOMEDIA EN TRES ACTOS

EN ESCEA, OS NOSOS PARLAMENTARIOS.

 1.

Ana Pontón presenta as teses en contra do cianuro, que eu sigo en nome de Contramínate e da Plataforma, por moito que lle pese a Eliseo Calviño a nosa inxerencia nos asuntos que afectan á nosa veciñanza de Cabana, desde a última fila do galiñeiro, a única zona onde me permiten sentarme. Desde alí, vexo únicamente a persoa que fala na tribuna e detrás dela, a mesa do Presidente, ocupada por cinco persoas que fan calquera outra cousa, como ler o xornal. O Presidente pídelle a Ana Pontón que centre o tema, porque ela empeza a exposición falando da sentencia do Prestige e dos traballadores de Navantia que están por chegar ao Parlamento. Nun momento dado entra un señor ao galiñeiro, achégase ata min e moi amablemente me pide que me quite a camiseta de Contramínate que levo posta, porque non se pode interferir nin apoiar o tema que se está a tratar. “De acordo”, respondo colocándome a bufanda de xeito que oculte un lema tan polémico. Por certo, toda a oposición ía ataviada esa mañá con camisetas e pegatinas de Nunca Máis.

Imagen de previsualización de YouTube

2.

Tras o BNG, falou AGE e falou o PSOE de Galicia…. Para cadansúa bancada, para un auditorio que xa pensa como eles. Porque alí non houbo diálogo ningún. Nin exposición. En todas as intervencións botábase en falta o peso de argumentos e datos (existen unha chea deles). O Sr. Fajardo, de AGE, cos seus chascarrillos, críticas e ataques (por merecidos que estean), adoptou unha posición bastante acomodaticia, totalmente contraria á que é de esperar de quen se sube a unha tribuna a defender unha postura: confunden a tribuna cunha barra ou mesa de taberna, unha reivindicación cunha pose: en resumo, falou a esquerda de café.

A todos eles responde Núñez Centeno, médico, concelleiro carballés e diputado, un parapolítico completo que comeza a súa intervención con invectivas ao BNG, segue cunha longuísima serie de datos e de leis que le de corrido, para darse aires de autoridade na materia, e que actúan a modo de cortina de fume tóxico, seguindo a táctica dos que están habituados a mentir e a lanzar sortilexios. O avogado da mineira fixo exactamente o mesmo cando se enfrentou á comisión científica de Contramínate no Concello de Laxe, en febreiro deste ano.

–         … A lei existente pertence ao goberno do bipartito… As directrices do Parlamento Europeo en canto ao cianuro non foron ratificadas pola Comisión Europea, e quedan en meras propostas non vinculantes… O comisario europeo non deu vía libre as mocións presentadas en Europa por Ana Miranda… Soamente houbo 4 accidentes por cianuro e ninguén morreu a consecuencia deles… En definitiva, a lexislación europea é das máis restrictivas que existen. E está moi ben así, xa que as alternativas son aínda peores, por implicar axentes canceríxenos para os traballadores, etc, etc.

En resumo, as bases da proposta do BNG estaban completamente erradas.

Unha mostra máis do absolutismo de escaño en estado puro.

Arsénico e Cianuro

Nuñéz Centeno en el Pleno de Carballo. 25/11/2013

3.

E xa que entramos no eido da parapolítica, debo engandir que o paradebate da moción contra o cianuro foi tan tenso e tan patético como o que se tratou anteriormente, a aprobación da lei contra a exclusión social.

A mañá sáldase con 30 votos da oposición fronte a 39 do PP e así sae adiante e sen enmendas a lei de inclusión social. Mentres que a nosa moción contra o uso do cianuro queda co resultado seguinte, adiviñade: sí, sí, claro: 30 fronte a 39. A proposta contra o uso do cianuro, despois de dous anos de mobilizacións continuas, depois de ter paralizada a mina en dúas ocasións, tras ter falado con todas as forzas políticas para chegar a un acordo, en espazo de menos dunha hora é rexeitada dun puntapé pola maioría absoluta do PP.

Era unha proposta de mínimos: prohibir o uso do cianuro na minaría, establecer un marco, pero ao mesmo tempo era como dar un gran paso adiante, un paso decidido e valiente. Puido ser un modelo de actuación para outros partidos ou parapartidos ultra-anquilosados. Un camiño para saíren da fosa. Aí tiñamos o exemplo do alcalde de Coristanco, que fixo súa a moción contra o uso do cianuro no seu concello, que se elevou en portavoz do que lle pedía a veciñanza. Pero o PP galego non vai ser pioneiro en nada. É un partido sordomudo e cego. E coas maoirías absolutas non existe o diálogo no Parlamento, os nosos representantes nin escoitan nin valoran as achegas, moitos deles nin sequera fan achegas senon que están alí para ironizar, criticar e culpabilizar ao partido contrario a conta do contribuinte. E os máximos responsables (Conselleiros de Industria e Medio Ambiente) están ausentes, fóra da sala, tomando algún café ou gin tonic na cantina do Parlamento. É o que teñen as maioirías tóxicas.

Crónica de una visita al Parlamento Gallego

–         ¿Dónde vas?

–         Al Congreso… Perdón, al Parlamento.

–         ¿Eres periodista o algo así?

–         Algo así. Estoy invitada. ¿Puedo pasar?

–         Adelante-responde el agente con una sorrisa de dóberman superamable y complacido ante mi cara de pasmo.

Ya lo sabéis, el PP gallego no va a ser pionero en la prohibición del empleo de cianuro en la minería, ni va a retirar el Plan Sectorial elaborado por la Cámara Minera, según se desprende de la postura defendida por su portavoz, Núñez Centeno, en el Parlamento de Galicia el pasado martes, 26 de noviembre.

Ni el consejero de Industria ni el de Medio Ambiente estaban presentes en la sala durante la exposición y defensa de la moción por parte de Ana Pontón, portavoz del BNG, que quizo hacerse eco de las peticiones presentadas en nombre de todas las plataformas vecinales y ecologistas en contra de la megaminería y en concreto contra la mina de oro de Corcoesto.

Esa misma mañana me encontré la rúa del Hórreo cortada a la altura del Parlamento, el acceso a este recinto permanecía blindado por una quincena de furgonetas de policía, con unos cincuenta agentes atrincherados tras vallas defensivas. En defensa ¿de qué?

 APADRINA UNA MINA DE ORO

El PP insiste en que el proyecto de Edgewater está definitivamente paralizado. Entonces, ¿por qué no se marcha Edgewater de Cabana de Bergantiños? ¿Están preparando el camiño para otra empresa? Tal vez, el PP gallego piensa que una mina de oro sería como el «hada gallina» del futuro de Bergantiños. Con ella estaría todo solucionado.

Sin embargo, a lo largo de la semana anterior veíamos como dos concellos más, Zas y Coristanco, aparte de los de Laxe, Vimianzo y Carballo, se oponían a los proyectos mineros que usen cianuro, comprometiéndose a hacer prevalecer la actividad agroganadera, turística y pesquera que actualmente sustenta la comarca.

El PP gallego no acepta que se aplique el principio de precaución en un proyecto de tanto riesgo como el de la mina a cielo abierto de Corcoesto. Nuestros gobernantes no atendieron a esta propuesta popular, ni a los dictámenes de Medio Ambiente, ni de la Consellería de Saúde, ni de Aguas de Galicia, ni a más de 200 personas del ámbito universitario y científico de Galicia, ni a las directrices de la Unión Europea.

El PP de Galicia vive enrocado, blindado, aparte, separado del mundo rural en su castillo urbano, un Parlamento erizado de vallas y custodiado por una legión de policías. No quiso saber nada de esta lucha contra un modelo agotado, neocolonial, ni va a defender los intereses de la población gallega frente a los intereses de empresas extranjeras. Realmente, actúa cada vez más como si ellos fuesen esas empresas foráneas. Núñez Centeno debería aprender de su paisano y compañero de partido, el alcalde de Coristanco, que se posicionó contra el uso del cianuro en la minería en la comarca de Bergantiños. Hay razones que están por encima de las siglas de un partido.

TRAGICOMEDIA EN TRES ACTOS

EN ESCENA, NUESTROS PARLAMENTARIOS.

 1.

Ana Pontón presenta su exposición en contra del cianuro, que sigo en nombre de Contramínate y de la Plataforma (por mucho que le pese a Eliseo Calviño nuestra injerencia en los asuntos que afectan a nuestros vecinos de Cabana) desde la última fila del gallinero, la única zona donde me permiten sentarme. Desde allí, veo sólo a la persoa que habla en la tribuna y detrás de ella, la mesa del Presidente, ocupada por cinco personas que hacen cualquier otra cosa (leer el periódico) en lugar de seguir la intervención. El Presidente pide a Ana Pontón que centre el tema, porque ella empieza su defensa hablando de la sentencia del Prestige y de los trabajadores de Navantia que están por llegar al Parlamento. En un momento dado entra un señor al gallinero, se acerca a mi y muy amablemente me pide que me quite la camiseta de Contramínate que llevo puesta, porque no se puede interferir ni apoyar el tema que se está tratando. “De acuerdo”, respondo colocándome la bufanda de manera que oculte un lema tan polémico. Por cierto, toda la oposición acudió ataviada esa mañana con camisetas y pegatinas de Nunca Máis.

Imagen de previsualización de YouTube

2.

Tras el BNG, habló AGE y luego habló el PSOE de Galicia…. Cada uno para su bancada, para un auditorio que ya piensa como ellos. Porque allí no hubo diálogo alguno. Ni exposición. En todas las intervenciones se echaba en falta el peso de argumentos y datos (cuando existen una cantidad de ellos). El Sr. Fajardo, de AGE, con sus chascarrillos, críticas y ataques (por merecidos que sean), adoptó una posición bastante acomodaticia, totalmente contraria a la que es de esperar de quien se sube a una tribuna a defender una postura: confunden la tribuna con una barra o mesa de taberna, una reivindicación con una pose: en resumen, habló la izquierda de café.

A todos ellos responde Núñez Centeno, este médico, concejal carballés y diputado que comienza su intervención con invectivas al BNG, sigue con una larguísima serie de datos y de leyes que lee de corrido, para darse aires de autoridad en la materia, y que actúan a modo de cortina de humo tóxico, siguiendo la táctica de los que están habituados a mentir y a lanzar sortilegios, como el buen parapolítico que ha demostrado ser: el abogado de la minera hizo exactamente lo mismo cuando se enfrentó a la comisión científica de Contramínate en el Concello de Laxe, en febrero de este año.

–         … La ley existente pertenece al gobierno del bipartito…. Las directrices del Parlamento Europeo en cuanto al cianuro no fueron ratificadas por la Comisión Europea y quedan en meras propuestas no vinculantes… El comisario europeo no dio vía libre a las mociones presentadas en Europa por Ana Miranda… Solamente hubo 4 accidentes por cianuro y nadie murió a consecuencia de ellos. En definitiva, la legislación europea es de las más restrictivas y está muy bien así, ya que las alternativas son aún peores por implicar agentes cancerígenos para los trabajadores, etc, etc.

En resumen, las bases de la propuesta del BNG estaban completamente erradas.

Una muestra más del absolutismo de escaño en estado puro.

Arsénico e Cianuro
Nuñéz Centeno en el Pleno de Carballo. 25/11/2013

3.

Y ya que entramos en el reino de la parapolítica, debo añadir que el paradebate de la moción contra el cianuro fue tan tenso y tan patético como el que se trató anteriormente, la aprobación de la ley contra la exclusión social.

La mañana se salda con 30 votos de la oposición frente a los 39 del PP, de esta manera sale adelante y sin enmiendas la ley de inclusión social. Mientras, nuestra moción contra el uso del cianuro queda con el resultado siguiente, adivinad: sí, sí, claro: 30 frente a 39. La propuesta contra el uso del cianuro, después de dos años de mobilizaciones continuas, depués de haber paralizado la mina en dos ocasiones, tras habernos reunido con todas las fuerzas políticas (incluidas las parapolíticas) para llegar a un acuerdo, en espacio de menos de una hora es rechazada de un puntapié por la mayoría absoluta del PP.

Era una propuesta de mínimos: prohibir el uso del cianuro en la minería, establecer un marco, pero al mismo tiempo era como dar un gran paso adelante, un paso decidido y valiente. Pudo ser un modelo de actuación para otros partidos o parapartidos ultra-anquilosados. Un camino para salir de la fosa. Ahí tenemos el ejemplo del alcalde de Coristanco, que se posicionó contra el uso del cianuro en su concello, que se elevó en portavoz de lo que le pedían los cuidadanos. Pero el PP gallego no va a ser pionero en nada. Es un partido sordomudo y ciego. Y con las mayorías absolutas no existe el diálogo en el Parlamento: nuestros representantes ni escuchan ni valoran las aportaciones, muchos de ellos ni siquiera hacen propuestas sino que están allí para ironizar, criticar y culpabilizar al partido contrario a cuenta del contribuyente. Y los máximos responsables (Consejeros de Industria y de Medio Ambiente) están ausentes, fuera da sala, tomando algún café ou gin tonic en la cantina del Parlamento. Es lo que tienen las mayorías tóxicas.

contraminate Porcontraminate

Carlos Taibo e Emilio Menéndez na comarca de BergantiñosCarlos Taibo y Emilio Menéndez en Bergantiños

O día xoves 12 de Decembro ás 20:00 h no Pazo da Cultura de Carballo falara Carlos Taibo, profesor da Universidade Autónoma de Madrid, sobre «Decrecemento, consumo e enerxía».

O venres 13 de Decembro ás 20:30 h no Salón de Actos Municipais de Laxe, Emilio Menendéz, enxeñeiro de minas e profesor da UAM, xunto con Carlos Taibo falarán do «Petróleo: poder, economía e medio ambiente».

Convidámosvos a asitir.

1421072_182284358641077_220833284_o

El día jueves 12 de diciembre a las 20:00hs en el Pazo da Cultura de Carballo hablará Carlos Taibo, profesor de la Universidad Autónoma de Madrid, sobre «Decrecimento, consumo y enerxía».

El día viernes 13 de deciembre a las 20:30hs en el Salón de Actos Municipales de Laxe, Emilio Menendéz, ingeniero de minas y profesor de UAM, junto a Carlos Taibo abordarán la temática «Petróleo: poder, economía y medio ambiente».

Los esperamos!

Cartel MANIFESTACION

other languages »