Archivo de etiquetas Corcoesto

Porcontraminate

O milladoiro regresa a Santa MariñaEl milladoiro regresa a Santa MariñaThe mille stone returns to Santa Mariña

O milladoiro construído en Carballo, na exposición III Enarborar o Bosque, está de novo en Santa Mariña de onde nunca debeu ter desaparecido. Este símbolo representa unha manifestación ancestral, á que se atribúe un poder máxico. Os pobos piden aos espíritos a protección do territorio. Neste caso vén amosar a forza da terra e o poder das persoas  fronte ó espolio.

El milladoiro construido en Carballo, en la exposición III Enarborar o Bosque, está de nuevo en Santa Mariña de donde nunca debió haber desaparecido. Este símbolo representa una manifestación ancestral, a la que se atribuye un poder mágico. Los pueblos piden a los espíritus la protección del territorio. En este caso quiere mostrar la fuerza de la tierra y el poder de las personas  frente al expolio.

 

The milladoiro built in Carballo, on the exhibition or III Enarborar Forest, is back in Santa Marina that it should never have gone. This symbol represents an ancestral event, to which is attributed a magical power. The people asking the spirits protecting the territory. In this case you want to show the strength of the earth and the power of people against spoliation.

Porcontraminate

Nota de prensa relativa á moción contra a mina de Ouro de Corcoesto

O Concello de Coristanco, gobernado polo Partido Popular, aproba por unanimidade unha moción contra a mina de ouro de Corcoesto.

  • A presión veciñal obriga ao alcalde do PP Pensado Plágaro, a aprobar por vía de urxencia unha moción contra a mina de Corcoesto.
  • Con Coristanco, son cinco os concellos de Bergantiños que rexeitan o proxecto mineiro.

Se o luns eran os concellos de Carballo e Zas os que aprobaron sendas mocións contra a mina de ouro de Corcoesto e o emprego do cianuro na minaría, este mércores foi o pleno do Concello de Coristanco o que aprobou outra moción contra a mina, presentada por vía de urxencia polo alcalde Popular de Coristanco ante a presión da veciñanza.

Ler máis

Porcontraminate

Os concellos de Zas e Carballo aproban as mocións contra a mina de Corcoesto

Onte tiveron lugar nos concellos de Zas e Carballo as mocións sobre o proxecto mineiro de Corcoesto. No concello de Zas a moción foi aprobada cos votos do BNG e a abstención do PP e os independentes. Cabe destacar que o concelleiro do PP manifestouse en contra do cianuro nas tecnoloxías mineiras ademais de que xa non tiña sentido levar a cabo esta moción despois do anuncio da Xunta da cancelación do proxecto.

Ler máis

Porcontraminate

Mineira de Corcoesto reestructura su cúpula y cesa a nueve directivos

Se deshace de los antiguos ejecutivos de Río Narcea, más de tres años después de comprar la compañía para extraer el oro de Bergantiños.
Manifestación en Santiago contra la mina de Corcoesto
Fuente: Economía Digital
Por Rubén Rodríguez
12/11/2013 23:02
Tres años después, la operación societaria llevada a cabo por la multinacional canadiense Edgewater para extraer el oro de Corcoesto parece haber terminado, precisamente, cuando su proyecto en el suelo de Bergantiños pasa por su momento más bajo debido al rechazo de la Xunta.
Porcontraminate

Estratexias para confundir á poboación ou de como certos xornais galegos subvencionados con cartos públicos favorecen os intereses de Edgewater

Iniciamos a segunda semana de novembro comentando o desconcerto que nos provocan os artigos sobre Edgewater que foron aparecendo ao longo destes últimos días na prensa local, tanto na Voz como no Diario de Bergantiños. Ángel Bernardo Tahoces, Director Xeral de Industria, insiste en que o proxecto da mina de Corcoesto non vai adiante, que está finiquitado, precluído, a causa da súa insolvencia técnica e económico-financeira, pero que pasará se vén unha empresa con maior capital? E os criterios socioeconómicos da comarca acaso non son válidos? E o vontade de salvagardar o patrimonio natural, acaso non ten ningún peso?

Por outro lado aparecen artigos con testemuñas de deputados do PP, en adiante parapartido, como a de Aurelio Núñez Centeno, asegurando que os estudios que alertan dos niveis de arsénico aportados polo CSIC e pola SGHN, entre outros, son obra de paracientíficos (sic), ou mesmo que a DIA presentada pola empresa e aprobada pola Xunta, tería unha vixencia de entre cinco e ata vintecinco anos (seguramente os para-xornalistas se equivocaron coa cifra ou están a confundila co período da concesión das cuadrículas mineiras), cando según o referido tanto polo Valedor do Pobo como polo propio Director Xeral de Industria, de querer presentar outro proxecto, a empresa debería aportar documentación nova e actualizada. Por último, outro “erro” máis da prensa: lamentan o millar de empregos que non se van crear usando “millóns de postos de traballo”. A incompetencia destes para-xornalistas, a tódolos niveis, está quedando sobradamente probada. Neste senso, recomendamos (e pregamos difusión) deste outro artigo de Alerta Mineira: “Un blog de opinión (Ex-Voz) destapa con pruebas un escándalo que relaciona a la transnacional minera Edgewater Exploration con el mayor grupo empresarial de comunicación de Galicia” (en AlertaMinera).

As testemuñas contrarias ao proxecto mineiro case non teñen cabida nos medios locais que traballan nun interese moi particular, pese a seren subvencionados con cartos públicos.

Tal vez non se faga unha mina en Corcoesto, pero a ameaza de convertelo en escombreira de Bergantiños, construíndo esa planta de lixiviados que recibiría os residuos doutras minas e contaminaría as augas do Allóns e mesmo, en caso de accidente, podería lanzar os vertidos tóxicos á ría de Corme e Laxe, segue pesando entre quen seguimos cada vez con maior escepcticismo a evolución deste caso. Por que? Pois porque a empresa continua en Cabana de Bergantiños, facendo estudios e sondeos sobre niveis de auga (piezómetros) semanais no río Lourido, e traendo universitarios de Vigo para ofrecerlles charlas e roteiros pola zona (por suposto, actividades no abertas ao público, das que temos coñecemento unicamente grazas á veciñanza).

 

other languages »