Archivo de etiquetas Corcoesto

Porcontraminate

Rosa de Corcoesto, Documental

Imagen de previsualización de YouTube

O documental realizado por Xosé Bocixa e Manuel Vilas con apoio do Colexio de Xornalistas, ten como obxectivo «dar voz aos veciños, tanto aos que están a favor polos postos de traballo prometidos como aos que están en contra polo impacto que terá na parroquia».

Ler máis

Porcontraminate

Tesouro de Corcoesto: unha conversa sobre o proxecto

Os realizadores estan a traballar na postprodución do documental Tesouro de Corcoesto, e mentras continuan enchendo de contidos a sua web.

EMILIO MENÉNDEZ, enxeñeiro de minas, CARLOS TAIBO, profesor de Ciencias Políticas da UAM e teórico do decrecemento, e BRÁULIO AMARO, voceiro da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños. O caso de Corcoesto serve de estímulo para unha boa conversa:

Imagen de previsualización de YouTube

Porcontraminate

«Ouro Impuro: a loita por Corcoesto»«Oro Impuro: una lucha por Corcoesto»

SANTIAGO 102

A Plataforma Salvemos Cabana leva o conflito mineiro de Corcoesto a unha exposición fotográfica de carácter itinerante

Fonte: Xornal de Galicia | Domingo, 17 Noviembre, 2013 – 10:56

A mostra, primeira realizada en Galicia sobre esta temática e baixo o título «Ouro Impuro: A loita por Corcoesto», foi inaugurada o pasado 11 de Novembro na galería central do Forum Metropolitano da Coruña onde estivo aberta ao publico ata o día 30 do mesmo mes.

Dende a cidade herculina, a exposición estará dispoñible en Santiago de Compostela na Biblioteca Pública Anxel Casal do 18 de Decembro ao 10 de Xaneiro de 2014, para logo emprender un percorrido itinerante durante o primeiro semestre do ano por diversas localidades galegas que concluirá en Castilla-León e Cataluña na segunda metade do ano.

A exposición, organizada en dúas montaxes distintas de 24 e 36 imaxes respectivamente en función do espazo expositivo, fai un percorrido en tres fases polos valores naturais de Cabana de Bergantiños e a parroquia de Corcoesto (unha das dez que integran o seu concello), as actividades tradicionais e o reflexo nunha selección de imaxes da loita popular iniciada durante o verán de 2012 para parar o proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater Exploration na Bisbarra de Bergantiños.

A mostra quere servir de recordatorio gráfico de como a mobilización social continuada en defensa do medio ambiente e da saúde das persoas conseguiu o fito histórico en Galicia de parar por primeira vez un perigo potencial a grande escala antes de ocorrer, a diferenza do acontecido coa catástrofe do Prestige ou a devastación provocada polo incendio que consumiu o Monte Pindo en datas recentes.

De feito, existe un consenso declarado a nivel internacional de que ningunha actividade industrial é tan agresiva como a minaría a ceo aberto, debido á interminable lista de impactos que leva consigo sobre aire, auga e chans e a gran perigosidade que leva consigo debido ás substancias reactivas empregadas na recuperación do mineral (546.000 kg anuais de cianuro no caso de Corcoesto).

Ademais, de terse levado a cabo, as balsas de residuos mineiros de Corcoesto terían suposto unha «bomba de reloxaría ambiental» para as xeracións futuras a cambio dun proxecto de escasos anos de duración que ademais poñería en risco os miles de empregos directos e indirectos xa consolidados nos sectores agropecuario, marisqueiro e turístico, que son a base da economía da zona. Tal e como se recolle na exposición, a anulación dos plans de Edgewater en Corcoesto foron un triunfo da sociedade civil e da dignidade colectiva, pero sobre todo un triunfo da razón e o sentido común fronte á irracionalidade dos mercados e quen a defende. En definitiva, unha aposta pola vida.

La Plataforma Salvemos Cabana lleva el conflito minero de Corcoesto a una exposición fotográfica de carácter itinerante

Fuente: Xornal de Galicia | Domingo, 17 Noviembre, 2013 – 10:56

La primera muestra realizada en Galicia sobre esta temática y con el título «Oro Impuro: una lucha por Corcoesto», fue inaugurada el pasado 11 de Noviembre en la galería central del Forum Metropolitano de A Coruña donde estuvo abierta al público hasta el día 30 del mismo mes.

Desde la ciudad herculina, la exposición estará expuesta en Santiago de Compostela en la Biblioteca Pública Anxel Casal desde el 18 de Diciembre al 10 de Enero de 2014, para luego emprender un recorrido itinerante durante el primer semestre del año por diversas localidades gallegas que concluirá en Castilla-León y Cataluña en la segunda mitad del año.

La exposición, organizada en dos montages distintos de 24 y 36 imagenes respectivamente en función del espacioo expositivo, hace un recorrido de tres fases por los valores naturales de Cabana de Bergantiños y la parroquia de Corcoesto (una de las diez que integran su concello), las actividades tradicionales y el reflejo de la lucha popular iniciada durante el verano de 2012 para parar el proyecto minero de la empresa canadiense Edgewater Exploration en la Bisbarra de Bergantiños.

La muestra quiere servir de recordatorio gráfico de como la mobilización social continuada en defensa del medio ambiente y de la salud de las personas conseguió un hecho histórico en Galicia de parar por primera vez un peligro potencial a gran escala antes de ocurrir, a diferenciaa de lo acontecido con la catástrofe del Prestige o la devastación provocada por el incendio que consumió el Monte Pindo el año pasado.

De hecho, existe un consenso declarado a nivel internacional de que ninguna actividad industrial es tan agresiva como la minería a cielo abierto, debido a la interminable lista de impactos que lleva consigo sobre aire, auga y suelo y el gran perigro que supone debido a las substancias reactivas empleadas en la recuperación del mineral (546.000 kg anuales de cianuro en el caso de Corcoesto).

Además, de llevarse adelante el proyecto, las balsas de residuos mineros de Corcoesto serían una «bomba de relojería ambiental» para las generaciones futuras a cambio de un proyecto de pocos años de duración que además pondría en riesgo los miles de empleos directos e indirectos ya consolidados en los sectores agropecuario, marisquero y turístico, que son la base de la economía de la zona. Tal y como se recoge en la exposición, la anulación de los planes de Edgewater en Corcoesto fueron un triunfo de la sociedad civil y de dignidad colectiva, pero sobre todo un triunfo de la razón y el sentido común frente a la irracionalidad de los mercados y de quienes los defienden. En definitiva, una apuesta por la vida.

Porcontraminate

Un ano de activismoUn año de activismo

Contramínate, como tantos outros movementos sociais, naceu para informar aos nosos veciños sobre a problemática do proxecto mineiro de Corcoesto. Como habitantes de Laxe e doutros lugares da Costa da Morte, sentímonos interpelados a informarnos, difundir e actuar fronte a un proxecto que cremos só pode deixar pobreza na bisbarra. Estamos convencidos diso pola cantidade de evidencias, referencias e informes científicos que avalan a nosa posición. Tamén por ter escoitado aos afectados da megaminaría en Arxentina e noutros lugares de Latinoamérica.

Non é só Corcoesto quen se atopa ameazado por proxectos de megaminaría, tamén outras comunidades de Galiza poden sufrir as consecuencias tráxicas, como algúns pobos de África ou América que xa están a padecer os efectos da especulación desmedida e desalmada das grandes corporacións dedicadas ao negocio da megaminaría. Por iso unímonos a diversos movementos sociais que arredor do mundo tentan de xeito pacífico parar a minaría con uso de cianuro.

Sabemos que o proxecto mineiro de Corcoesto foi paralizado polo de agora pola mobilización social, que se expresou de xeito multitudinario tomando as rúas de Compostela o día 2 de xuño, dicindo aos nosos governantes que GALIZA NON É UNHA MINA.

Agradecemos as persoas que axudaron a facer visible o problema, así como ás que estiveron presentes nas diversas accións. Esperamos seguir contando co voso apoio porque ata que non se prohiba por lei este tipo de minaría, Corcoesto e o mundo vivirán en constante ameaza.

Deixamos aquí un vídeo coas accións levadas a cabo en colaboración coas Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantinos e a Rede ContraMINAcción.

Imagen de previsualización de YouTube

Contramínate, como tantos otros movimientos sociales, ha nacido para informar a nuestros vecinos sobre la problemática del proyecto minero de Corcoesto. Como habitantes de Laxe y de otros lugares de la Costa da Morte, nos sentimos interpelados a informarnos, difundir y actuar frente a un proyecto que creemos sólo puede dejar pobreza en la comarca. Estamos convencidos de ello por la cantidad de evidencias, referencias e informes científicos que avalan nuestra posición, y después de haber escuchado a afectados directos de la megaminería en Argentina y otros lugares de Latinoamérica.

No es sólo Corcoesto quien se encuentra amenazado por proyectos de megaminería, lo son también otras comunidades de Galicia que pueden sufrir las consecuencias trágicas de dicha minería, como ocurre con algunos pueblos de Africa y América que ya están padeciendo los efectos de la especulación desmedida y desalmada de las grandes corporaciones dedicadas al negocio de la megaminería. Por ello nos hemos unido a diversos movimientos sociales que alrededor del mundo intentan de manera pacífica parar la minería con uso del cianuro.

Sabemos que el proyecto minero de Corcoesto ha sido paralizado de momento gracias a la movilización social, que se expresó de manera multitudinaria tomando las calles el día 2 de junio, en Santiago de Compostela, para decir a nuestros gobernantes que GALICIA NO ES UNA MINA.

Agradecemos a todos quienes nos han ayudado a hacer visible el problema, quienes han estado presentes en las diversas acciones y esperamos seguir contando con vuestro apoyo porque, hasta que no se prohíba por ley este tipo de minería, Corcoesto y el mundo vivirán en constante amenaza.

Dejamos aquí un vídeo con las acciones llevadas a cabo en colaboración con la Plataforma por la Defensa de Corcoesto y Bergantinos y la red ContraMINAcción.

Imagen de previsualización de YouTube

 

other languages »