A veciñanza bergantiñá, colectivos ecoloxistas e múltiples entidades comprometidas pola salvagarda do territorio recibimos con alegría e alivio esta última nova (que esperamos derradeira) da Mineira de Corcoesto. Todos os nosos esforzos pagaron a pena e a xustiza avala hoxe o que nós tratamos de defender desde 2012.
Moitos puntos quedaron pendentes sen embargo nesta loita que mobilizou a 14 mil persoas o 2 de xuño de 2013, día do Medioambiente, en Compostela, o principal deles é que a mesma Administración que apoiou un proxecto tan perigoso, sigue no poder oito anos máis tarde, ditando leis coas que blindarse en connivencia coa Cámara Mineira.
Aplacada a loita veciñal e colectiva contra este megaproxecto, que en 2013 a Xunta defendiu como proxecto estratéxico (non esquecemos aquel lema da Conselleiría de Industria: Galicia é unha mina), a loita contra a mina de Corcoesto continuou nos tribunais. Así deu comezo en 2016 este procedimento legal, despois de que a Xunta de Galicia, presionada pola contestación social e as evidencias científicas en contra do proxecto, denegara por fin a concesión a empresa Edgewater a través da filial Mineira de Corcoesto.
En 2018, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalou a decisión da Xunta de paralizar a mina de ouro, baseada na falta de solvencia financeira e técnica do proxecto. En marzo de 2019, o Tribunal Supremo respaldou esta decisión (ver “La minera de Corcoesto pierde la principal batalla judicial definitivamente“, GaliciaPress, 15.03.2019).
En octubre de 2015, a Xunta de Galicia emitiu unha resolución declarando a caducidade das concesións mineiras para o proxecto de Corcoesto terminando así coa súa concesión. Edgewater considerou que esta declaración era “ilegal” expoñendo a súa intención de exercer todos os recursos dispoñibles para protexer os dereitos e os intereses dos seus accionistas, incluindo a arbitraxe internacional.
A veciñanza alégrase de ver que, catro anos máis tarde, a vida, o medio físico, o traballo e as persoas que vivimos na contorna xa non estamos ameazados polos intereses de accionistas nin pola cotización da empresa na bolsa de Toronto.
Sobre el autor