O Concello de Laxe, libre de eólicos

contraminate Porcontraminate

O Concello de Laxe, libre de eólicos

valle soesto e traba

A semana pasada, varios  colectivos preocupados pola conservación dos espazos naturais de Laxe presentamos alegacións ao proxecto de parque eólico de Pena Forcada Catasol II.

Tratase dunha iniciativa de Unión Fenosa para instalar tres aeroxeradores no monte Chan, entre Soesto e Traba, moi cerca da paisaxe protexida dos Penedos de Traba e Pasarela.

O vento é unha fonte de enerxía non contaminante, non cuestionamos por tanto o valor dos muíños eólicos. O problema está no lugar escollido, o Monte Chan de Soesto.

Desde as Asociacións Contramínate, Petón do Lobo e Cova Crea, xunto co Grupo político BNG de Laxe enviamos alegacións á Consellería de Economía, Emprego e Industria sobre este proxecto, dado o impacto paixasístico irreversible que carrexaría sobre a zona.

Lembramos que o Concello de Laxe é o único concello libre de eólicos da Costa da Morte. Pedimos por tanto que se evite e se potencien os que xa existen na bisbarra.

O Concello de Laxe tamén se sumou ás alegacións e ten previsto presentalas este luns.

Velaquí os puntos claves das nosas alegacións:

  • O monte Chan, onde está prevista a instalación dos tres aeroxeradores, forma parte do conxunto paisaxístico dos Penedos de Pasarela e Traba, que é paisaxe protexida. O proxecto afectaría de forma permanente a este lugar, que perderá parte da súa importancia paisaxística recoñecida, coa visión dos eólicos (con máis de oitenta metros de presenza).
  • O val de Soesto e a lagoa de Traba, dous lugares cunha paisaxe singular e con alto valor de conservación, quedarán modificados para sempre.
  • O concello de Laxe e os seus habitantes non obteremos ningún beneficio deste proxecto.
    • Neste momento, Laxe é o único concello da comarca libre de muíños: esta singularidade atrae turismo.
    • O canon eólico, neste caso, NON SE PAGARÁ. Segundo o INEGA, un proxecto de entre 1 e 3 muíños non tributa.
    • Tres muíños non van dar postos de traballo, un técnico de Corme ou de Camariñas bastaría para ocuparse deles.
    • Hai que ter en conta as consecuencias negativas para a veciñanza: ruído, risco de rotura de eólicos, perda da calidade da paisaxe e perdas no sector forestal.
  • É preciso protexer o monte Chan porque está catalogado no POL (Plan de ordenación do litoral) como zona de interese dentro dunha área de mellora ambiental e paisaxística: http://www.xunta.es/litoral/web/index.php/pol
  • Por todo isto temos que esixir a FENOSA que reconsidere a colocación do proxecto. Galicia ten unha enorme potencia eólica e non se verá reducida pola paralización dun proxecto de tres muíños.

valle soesto e traba

Sobre el autor

contraminate

contraminate administrator

Asociación Ambiental de Laxe, (A Coruña) - Galiza (España)

Deja un comentario

other languages »