Lei Mordaza

contraminate Porcontraminate

Lei Mordaza

Atopamos un libriño que pasou o filtro da censura en 1942, cando o control máis férreo da posguerra imperaba como arma de ataque e defensa do franquismo.

Este libro escolar de leturas foi unha curiosa excepción en tempos nos que o galego estaba terminantemente prohibido nas escolas, e a defensa da terra ou da identidade eran asuntos de sublevados.

“Anaquiños. Lecturas escolares galegas” do mestre vigués Manuel Fernández Novoa contén poemas en galego de Rosalía, de Curros, de Lamas Carvajal, o himno de Pondal e unha feixe de textos en castelán entre os que se atopa un dedicado ó ouro de Corcoesto.

Velaquí “El oro”, un texto que tivera rexeitado a nosa prensa local, e que de reavivarse o conflito, cunha Lei Mordaza en vigor, non pasaría o «nihil obstat» do censor do momento.

anaquiños

anaquiños censura

Sobre el autor

contraminate

contraminate administrator

Asociación Ambiental de Laxe, (A Coruña) - Galiza (España)

Deja un comentario

other languages »