Pois alí estivemos no día de onte, no Pleno do concello de Carballo xunto cos compañeiros da Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños onde o BNG presentou unha moción sobre a caducidade dos dereitos mineiros do proxecto aurífero de Corcoesto. No texto, acórdase solicitarlle á Xunta de Galicia mediante o escrito formulado pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños a incoación urxente do procedemento de caducidade dos dereitos mineiros relacionados co proxecto de Corcoesto.
No debate da moción, o portavoz do BNG Xosé Regueira instou a Nuñez Centeno, portavoz do Partido Popular, a que se fixese coa maior brevedade posible este procedemento e a que se comprometesen, no caso de que xurdise un novo proxecto o día de mañán, a posicionarse en contra de proxectos destas características. Na sua réplica o voceiro popular afirmou que a Xunta de Galicia está a realizar dito procedemento de caducidade, nembargantes Nuñez Centeno volveu a insistir na defensa deste proxecto alegando que se denegou o proxecto por motivos financieiros e non medioambientais. Tamén o voceiro do Partido Popular afirmou que «no caso de que haxa outras empresas que estivesen interesadas en realizar proxectos coma o de Corcoesto terán o apoio do Partido Popular». Ao final a mocíón foi aprobada polos votos a favor do BNG e do PSOE, abstivéndose TEGA e votando en contra os concelleiros do Partido Popular. Tamén queremos destacar que ó principo da sesión plenaria se gardou un minuto de silencio polas víctimas do accidente de avión dos Alpes e mais polos dous mariñeiros veciños de Laxe que perderon a vida mentres faenaban, accidente que nos tocou ben de cerca aos contraminados laxenses.
Hi, I do believe this is an excellent blog. I stumbledupon it 😉 I may revisit once again since I bookmarked it.
Money and freedom is the greatest way to change, may you be rich and continue to help
others.
Take a look at my website: Heating Oxnard
Sobre el autor