Nota de prensa pola denegación do proxecto mineiro de Corcoesto

Porcontraminate

Nota de prensa pola denegación do proxecto mineiro de Corcoesto

A Consellería de Economía e Industria dita resolución de denegación definitiva do proxecto mineiro de Corcoesto.

  • A resolución asinada polo director xeral de enerxía e minas tumba definitivamente o proxecto mineiro promovido por Edgewater.

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños vén de ter coñecemento de que con data 11 de marzo de 2014 Ángel Bernardo Tahoces, director xeral de enerxía e minas ditou resolución de denegación definitiva do proxecto de mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto que afectaba aos Concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso.

Esta resolución dítase despois de que o Presidente da Xunta anunciase no mes do outubro do ano pasado en pleno debate do estado da autonomía, que se decidira non autorizar o proxecto da mina de Corcoesto ao entender que non acreditaba o cumprimento de todos os requisitos esixidos pola lexislación vixente.

O proxecto promovido pola mineira canadense Edgewater non cumpría -como tiña denunciado en reiteradas ocasións a Plataforma- cos requisitos técnicos, económicos e ambientais esixidos pola normativa española e europea a pesar de ter obtido unha declaración de impacto ambiental favorable por parte do goberno galego.

Agora, con esta resolución péchase a porta a un proxecto colonial, destrutivo e contaminante, incompatible coas activades económicas que se desenvolven nos concellos afectados e supón unha vitoria da cidadanía que por medio de numerosas e multitudinarias manifestacións, amosou un contundente rexeitamento a este tipo de actividades mineiras en Galicia.

A Plataforma agradece a todas as persoas e colectivos, asociacións, entidades, sindicatos e partidos políticos que a apoiaron nesta loita e que fixeron visible a grave ameaza que este proxecto supoñía para a Comarca de Bergantiños.

Por último indica que se manterá vixiante ante calquera ameaza doutros proxectos mineiros que poidan presentarse na zona afectada.

1965072_10203097134930217_1732009674_n

Sobre el autor

contraminate administrator

Asociación Ambiental de Laxe, (A Coruña) - Galiza (España)

Deja un comentario

other languages »