Rosa de Corcoesto, Documental

Porcontraminate

Rosa de Corcoesto, Documental

Imagen de previsualización de YouTube

O documental realizado por Xosé Bocixa e Manuel Vilas con apoio do Colexio de Xornalistas, ten como obxectivo «dar voz aos veciños, tanto aos que están a favor polos postos de traballo prometidos como aos que están en contra polo impacto que terá na parroquia».

Unha bolsa iProx (Iniciativa de Proxectos Xornalísticos) do Colexio de Xornalistas contribuíu con esta produción que non deixou indiferente a ninguén nunha zona na que o descontento social se manifestou de forma multitudinaria o 2 de xuño de 2013 en Santiago de Compostela.

O proxecto que pretende levar adiante a compañía Mineira de Corcoesto, filial da canadense Edgewater Exploration, foi cancelado pola Xunta en setembro pasado pola falta de solvencia financeira e técnica, malia que contaba coa Declaración de Impacto Ambiental aprobada pola Consellería de Medio.

O Executivo autonómico demandou á empresa unhas condicións de solvencia financeira do 25% do investimento en fondos propios.

 

Sobre el autor

contraminate administrator

Asociación Ambiental de Laxe, (A Coruña) - Galiza (España)

Deja un comentario

other languages »