ContraMINAcción responde ao Colexio Oficial de XeólogosContraMINAcción responde al Colegio Oficial de Geólogos

contraminate Porcontraminate

ContraMINAcción responde ao Colexio Oficial de XeólogosContraMINAcción responde al Colegio Oficial de Geólogos

Nota de prensa de ContraMINAcción rede contra a minaría destrutiva na Galiza

ContraMINACCIÓN rexeita a tosca manipulación á que se presta o Colexio Oficial de Xeólogos a través do seu presidente, Luis Suárez Ordóñez, apoiando o proxecto mineiro de Corcoesto. O contido da declaración non deixa lugar a dúbidas da súa postura totalmente en liña cos intereses empresariais dos promotores do proxecto, sen que sexa doado distinguir onde comeza a posición do Colexio e onde remata a da empresa. Talvez este sexa o motivo polo que se cae nos mesmos argumentos, tantas veces cuestionados por diferentes organizacións, incluída ContraMINAcción.

Unha primeira manipulación vémola no insistente e falso –en termos científicos– intento de ligar a actividade mineira co concepto de sustentabilidade. Falar de minaría sustentable ou de “explotación sustentable» dos recursos mineiros é un claro exemplo do que se define como oxímoro. Non se pode chegar a unha contradición maior que falar de sustentabilidade ao tempo que se explotan recursos non renovábeis e se pon en perigo a saúde e o ambiente. Nestas circunstancias, calquera iniciativa de que as xeracións futuras poidan gozar duns recursos nas mesmas condicións que a nosa é unha imposibilidade manifesta. Até certo punto podería ser obxecto de debate científico que forma de explotación dos recursos non renovábeis resulta menos lesiva ou nociva ambientalmente, mais que exista unha actividade con posibilidades de permanencia no tempo que garanta aos nosos fillos e fillas, netos ou netas, poder seguir manténdoa cara o futuro só está garantido nos recursos renovábeis –na produción de alimentos, de recursos forestais, pesqueiros, etc.– e sempre que estes sexan utilizados evitando a súa degradación ou a destrución da capacidade de rexeneración. Por tanto, e por definición, o uso dos recursos mineiros é un uso insustentábel, independentemente do tipo de minaría que se practique. Isto percíbese facilmente cando atendemos, por exemplo, aos datos sobre como está a evolucionar o esforzo mineiro a realizar, as toneladas de terra a remover, a lei do mineral que se obtén, etc.

Resulta especialmente molesta a referencia pouco sutil á suposta ignorancia das persoas que se opoñen abertamente ao proxecto mineiro de Corcoesto. Máis molesto se cabe se estas palabras son emitidas por quen representa a un “Ilustre Colexio Oficial” de profesionais titulados na universidade, atribuíndose unha sorte de exclusividade no acceso á información e unha capacidade de raciocinio propio dunha sociedade estamental ou de castas. Mais a ciencia tamén ten demostrado que calquera ser humano, polo feito de selo, está dotado desa capacidade e que cando se nos di que «o descoñecemento de parte da cidadanía sobre a orixe destas materias primas, provoca movementos de oposición baseados na desconfianza, pero que carecen de fundamento científico», sabemos que estamos diante dunha afirmación que constitúe unha falacia denominada argumento ad hominem, é dicir, unha argumentación que pretende establecer a falsidade dos postulados dos que se opoñen ao proxecto mineiro atribuíndolles un descoñecemento científico suposto sen que se entre a razoar onde residen os erros dos argumentos antimineiros ou, con demostracións científicas verificables, onde se acha a suposta ausencia de fundamento científico. Ao tempo esta falacia sopórtase noutra do tipo argumentum ad verecundiam, é dicir dar por suposto que tais coñecementos científicos e, polo tanto, a razón están do lado do Colexio Oficial de Xeólogos porque teñen a autoridade na materia. Sobra dicir que tais argumentos falaces van en contra de calquera razoamento científico serio. Por iso afirmamos que o que nos sobra é ese coñecemento científico que se nos quere negar, e dese coñecemento científico vén a certeza das razóns para a desconfianza. Por se non for suficiente existen evidencias do modo de traballar das transnacionais mineiras denunciadas en todo o mundo e mesmo polas Nacións Unidas para saber que o que menos se pode facer é confiar nelas, nin deixarse levar polos seus cantos de serea. Sabemos de onde veñen esas materias primas, quen as manexa e a onde van. Tamén sabemos que sempre hai mercenarios –mesmo con titulacións universitarias– dispostos a poñerse diante das batallas promovidas por outros e que, calquera que sexan as armas ou estandartes que enarboren, iso non lles outorga a razón. Por moi colexiados universitarios que sexan por moito que metan a palabra ciencia no medio dos seus argumentos, por moito que insinúen a ignorancia dos demais, a razón, os criterios de verdade ou erro, non se teñen por quen argumenta senón polo contido do argumentado. E nese debate aberto e público estámolos agardando desde hai tempo, cando queiran.

Nas declaracións do sr. Luís Suárez, tamén se afirma que»existen solucións científicas, tecnicamente viables, a todos os problemas que se propoñen na explotación». É curiosa a forma en como se expresa ou redacta, acaso propóñense problemas na explotación?, mais ben a empresa négaos insistentemente e os demais denunciámolos. Esas «solucións científicas, tecnicamente viables» –a cales se refiren? ás cacarexadas pola empresa?– son, como moito, paliativos, é dicir, mitigan o dano mais non o evitan nin reverten o problema. As solucións para selo, deben remediar os problemas, é dicir, evitalos, previlos ou facelos desaparecer. Até agora nada do presentado evita, prevén ou fai desaparecer os problemas coñecidos e os non recoñecidos.

É magoa que o representante do Colexio Oficial de Xeólogos non coñeza o fenómeno dos pobos mineiros fantasma que se estenden por todo o planeta, e mesmo non distingan os efectos segundo o tipo de minaría, o tempo de explotación do xacemento, os efectos negativos sobre as estruturas sociais e económicas de tantos lugares. Doutro xeito, de coñecelos, con certeza non afirmaría tan alegremente que “as minas son motores económicos das súas comarcas e unha vez restauradas convenientemente poden e deben achegar oportunidades de actividade económica alternativa». A que alternativas se refire? Enuméreas, por favor. Acaso será o turismo de catástrofes? Aulas ambientais para ver o que non debeu ser? Parque de atraccións de risco (de saúde)? Laboratorio de economía insustentábel? Se como afirma «os exemplos destes feitos son numerosos». Díganos onde? Cantos? Cales deles serían trasladábeis, como e por que ao caso de Corcoesto? Desexamos sabelo e velos. E non será, señor Suárez, que hai máis numerosos exemplos do contrario?

Para rematar, ContraMINAcción congratúlase da afirmación final de que «o noso benestar tamén sae da terra». Aí falaron, non poderíamos estar máis de acordo. Estamos de acordo na súa literalidade mais non o que pretenden dicir con ela. O noso benestar sae da terra mais non vén da minaría senón dos alimentos que a terra nos fornece, da auga e os ciclos de autodepuración natural, do ar limpo, dos bosques e ecosistemas que manteñen a biodiversidade, etc.

Ese é o benestar que queremos preservar, o que, cientificamente falando, pode ser definido como sustentable.

Nota de prensa de ContraMINAcción red contra la minería destrutiva en Galicia

ContraMINACCIÓN rechaza la tosca manipulación a la que se presta el Colegio Oficial de Geólogos a través de su presidente, Luis Suárez Ordóñez, apoyando el proyecto minero de Corcoesto. El contenido de la declaración no deja lugar a dudas de su postura totalmente en linea con los intereses empresariales de los promotores del proyecto, sin que sea posible distinguir donde comienza la posición del Colegio y donde finaliza la de la empresa. Talvez este sea el motivo por lo que se caen los mismos argumentos, tantas veces cuestionados por diferentes organizacións, incluída ContraMINAcción.

Una primera manipulación es visible en el insistente y falso –en terminos científicos– intento de ligar la actividad minera con el concepto de sustentabilidad. Hablar de minería sustentable o de “explotación sustentable» de los recursos mineros es un claro ejemplo de lo que se define como oxímoro. No se puede llegar a una contradición mayor que hablar de sustentabilidad al tiempo que se explotan recursos no renovables y se pone en peligro la salud y el ambiente. En estas circunstancias, cualquier iniciativa de que las generaciones futuras puedan gozar de los recursos en las mismas condiciones que la nuestra es una imposibilidad manifesta. Hasta cierto punto podría ser objeto de debate científico que forma de explotación de los recursos no renovables resulta menos lesiva o nociva ambientalmente, a demás de que exista una actividad con posibilidades de permanencia en el tiempo que garantice a nuestros hijos e hijas, nietos o nietas, poder seguir manténdola en el futuro solo está garantizado en los recursos renovables –en la produción de alimentos, de recursos forestales, pesqueros, etc.– y siempre que estos sean utilizados evitando  su degradación o la destrución de la capacidad de regeneración. Por tanto, y por definición, el uso de los recursos mineros es un uso insustentable, independentemente del tipo de minería que se practique. Esto se percibe facilmente cuando atendemos, por ejemplo, a los datos sobre como está evolucionado el esfuerzo minero a realizar, las toneladas de tierra a remover, la ley del mineral que se obtiene, etc.

Resulta especialmente molesta la referencia poco sutil a la supuesta ignorancia de las personas que se oponen abiertamente al proyecto minero de Corcoesto. Más molesto si cabe si estas palabras son emitidas por quien representa a un “Ilustre Colegio Oficial” de profesionales titulados en la universidad, atribuyendose una suerte de exclusividad en el acceso a la información y una capacidad de raciocinio propio de una sociedad estamental o de castas. Mas la ciencia también tiene demostrado que cualquier ser humano, por el hecho se serlo, está dotado de esa capacidad y que cuando se nos dice que «el desconocimiento por parte de la ciudadanía sobre el origen de estas materias primas, provoca movimientos de oposición basados en la desconfianza, pero que carecen de fundamento científico», sabemos que estamos delante de una afirmación que constituye una falacia denominada argumento ad hominem, es decir, una argumentación que pretende establecer la falsedad de los postulados de los que se oponen al proyecto mineiro atribuyéndoles un desconocimiento científico supuesto sin que se entre a razonar donde residen los errores de los argumentos antimineros o, con demostraciones científicas verificables, donde se halla la supuesta ausencia de fundamento científico. Al tiempo esta falacia se apoya en otra de tipo argumentum ad verecundiam, es decir dar por supuesto que tales conocimientos científicos y, por lo tanto, la razón están del lado del Colegio Oficial de Geólogos porque tienen la autoridad en la materia. Sobra decir que tales argumentos falaces van en contra de cualquier razonamiento científico serio. Por esto afirmamos que lo que nos sobra es ese conocimiento científico que se nos quiere negar, y de ese conocimiento científico viene la certeza de las razones para la desconfianza. Por si no fuera suficiente existen evidencias del modo de trabajar de las transnacionales mineras denunciadas en todo el mundo y también por Naciones Unidas para saber que lo que menos se puede hacer es confiar en ellas, ni dejarse llevar por sus cantos de sirena. Sabemos de donde viene esas materias primas, quien las maneja y a donde van. También sabemos que siempre hay mercenarios –igualmente con titulaciones universitarias– dispuestos a ponerse delante de las batallas promovidas por otros y que, cualquiera que sean las armas o estandartes que enarboren, esto no les otorga la razón. Por muy colegiados universitarios que sean, por mucho que metan la palabra ciencia en medio de sus argumentos, por mucho que insinúen la ignorancia de los demás, la razón, los criterios de verdad y error, no se tiene por quien argumenta sino por el contenido del argumento. Este debate abierto y público estamos aguardándolo desde hace tiempo, cando quieran.

En las declaraciones del sr. Luís Suárez, también se afirma que»existen soluciones científicas, técnicamente viables, a todos los problemas que se proponen en la explotación». Es curiosa la forma en como se expresa o redacta, acaso se plantean problemas en la explotación?, mas bien la empresa los niega insistentemente y los demas lo denunciamos. Esas «soluciones científicas, tecnicamente viables» –a que se refiren? a las cacareadas por la empresa?– son, como mucho, paliativos, es dicir, mitigan el daño mas no lo evitan ni revierten el problema. Las soluciones para serlo, deben remediar los problemas, es decir, evitarlos, prevenirlos o hacerlos desaparecer. Hasta ahora nada de lo presentado evita, prevee o hace desaparecer los problemas conocidos y los no reconocidos.

Es una pena que el representante del Colegio Oficial de Geólogos no conozca el fenómeno de los pueblos mineros fantasma que se extienden por todo el planeta, y así mismo no distinga los efectos según el tipo de minería, el tiempo de explotación del yacimiento, o los efectos negativos sobre las estructuras sociales y económicas de tantos lugares. De otro modo, de conocerlos, con certeza no afirmaría tan alegremente que “las minas son motores económicos de sus comarcas y una vez restauradas convenientemente pueden y deben acercar oportunidades de actividad económica alternativa». A que alternativas se refiere? Enumérelas, por favor. Acaso será el turismo de catástrofes? Aulas ambientais para ver lo que no debió ser? Parque de atracciones de riesgo (de salud)? Laboratorio de economía insustentable? Si como afirma «los ejemplos de estos hechos son numerosos». Díganos donde? Cuantos? Cuales de ellos serían trasladables, como y por que al caso de Corcoesto? Deseamos saberlo y verlos. Y no será, señor Suárez, que hay más numerosos ejemplos de lo contrario?

Para finalizar, ContraMINAcción se alegrade la afirmación final de que «Nuestro bienestar también sale de la tierra». Así hablando, no podríamos estar más de acuerdo. Estamos de acuerdo en su literalidad mas no en lo que pretenden decir con ella. Nuestro bienestar sale de la tierra mas no viene de la minería sino de los alimentos que la tierra nos ofrece, del auga y de los ciclos de autodepuración natural, del aire limpio, de los bosques y ecosistemas que mantienen la biodiversidad, etc.

Este es el bienestar que queremos preservar, el que, científicamente hablando, puede ser definido como sustentable.

Sobre el autor

contraminate

contraminate administrator

Asociación Ambiental de Laxe, (A Coruña) - Galiza (España)

Deja un comentario

other languages »