A Unión Europea e os EEUU levan tres anos negociando un tratado para crear unha gran área de libre comercio, conocido como TTIP polas súas siglas en inglés: Tratado Transatlántico de Comercio e Inversiones. Se se chega a un acordo, a ambición é cerralo a finais deste 2016. Pero este tratado levanta moita polémica en Europa e nesta charla, a cargo de Gonzalo Rodríguez, profesor de Economía Aplicada na USC e membro de ATTAC, que tivo lugar o 21 de maio de 2016 no Salón de Actos do Concello de Laxe, tratamos de comprender os puntos máis conflitivos deste tratado.
O herbicida máis usado do mundo, según estudos da Axencia Internacional para a Investigación do Cancro, amosou ser un axente canceríxeno e disruptor endocrino que causa tumores nos tecidos animais. Igualmente, existe evidencia do seu perigo nos humáns.
Entre o 18 e o 19 de maio de 2016, a Comisión Europea intentou sen éxito prorrogar a autorización do glifosato por 9 anos máis (para usos profesionais e non profesionales, en agricultura e mantemento de xardíns).
Charla informativa en Laxe
O documental sobre a crise do textil en Galicia.
O vindeiro sábado , 9 de abril ás 18 horas no Salón de Actos de Laxe.
Pola súa implicación social e para defender os dereitos fundamentais das traballadoras do téxtil, Contramínate en colaboración coa Asociación Amarante Setem organiza a proxección deste traballo de Illa Bufarda, produtora integrada por dúas profesionais do sector audiovisual, Sabela Iglesias e Adriana P.Villanueva.
Non faltedes, a entrada será de balde.
A semana pasada, varios colectivos preocupados pola conservación dos espazos naturais de Laxe presentamos alegacións ao proxecto de parque eólico de Pena Forcada Catasol II.