Outro proxecto de investigación mineira á procura de ouro, prata e metais afíns (recursos da sección C), ameaza unha vez máis a nosa bisbarra.
O pasado venres 15 de xaneiro, a Consellería de Economía, Emprego e Industria publicaba no DOG aprobaba a solicitude presentada o 20 de xuño de 2011 pola sociedade Grupo M-FM, S.L., dando o permiso de investigación mineira de 156 cuadrículas mineiras situadas nos municipios de Zas, Santa Comba, Coristanco e Vimianzo. Ler máis
Pois alí estivemos no día de onte, no Pleno do concello de Carballo xunto cos compañeiros da Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños onde o BNG presentou unha moción sobre a caducidade dos dereitos mineiros do proxecto aurífero de Corcoesto. No texto, acórdase solicitarlle á Xunta de Galicia mediante o escrito formulado pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños a incoación urxente do procedemento de caducidade dos dereitos mineiros relacionados co proxecto de Corcoesto. Ler máis
A lei de acompañamento aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a caducidade dos dereitos mineiros cando se denegue a autorización de explotación.
A publicación o pasado día 30 de decembro no Diario Oficial de Galicia da lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, supón un novo e duro golpe para as pretensións da empresa canadense Edgewater e a súa filial, Mineira de Corcoesto, sobre a explotación da mina de ouro no Concello de Cabana de Bergantiños.
Hoxe as 21.30 no programa «La Sexta Columna» de «La Sexta», titulado «Pueblo Bravo», emitirase unha entrevista sobre a mina de Corcoesto que lle fixeron a Serafín González Prieto, investigador científico do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.
Representantes da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños participarán entre os días 11 e 17 de agosto nun foro internacional en Rosia Montana, na rexión de Transilvania en Romanía, que acollerá a plataformas e grupos organizados de distintos países, como Grecia e Turquía, para loitar contra grandes proxectos de minaría a ceo aberto con uso de cianuro e outros contaminantes, para extracción de ouro e prata.