Contramínate asiste este 18 de outubro ao encontro que se celebra en Bremen (Alemaña), organizado pola Plataforma BAN CYANIDE co obxetivo de prohibir o uso do cianuro na actividade mineira.
Este encontro pretende artellar unha plataforma a nivel europeo e xa integra a paises coma Romanía, Grecia, Finlandia, Bulgaria, Alemaña, Turquía e España. Os representantes das plataformas de afectados pola minería e a megaminería do ouro, como é o caso de Asturias (Tapia de Casariego) e Galicia (Corcoesto) danse cita para tratar de coordinar unha gran alianza europea que funcione como grupo de presión para que a Comisión Europea, representada na figura do Comisario de Medio Ambiente, Karmenu Vela, prohiba o emprego do cianuro no continente, polo perigo que supón para a saude e os ecosistemas.
Mais información en: